Barreiros 1-3-17. O conxunto barreirense loce unha nova faciana dende principios de 2017. Dende a chegada de Juan Antonio Fernández ó banco do Praias, a dinámica de resultados deu un xiro de 180 grados. Unha derrota, un empate e catro triunfos consecutivos son a bagaxe máis recente do cadro mariñán.
Trala derrota como local ante o Arzúa (2-4) o Praias comezou a escalada grazas a un empate no Municipal (1-1) ante o todopoderoso Culleredo, un resultado co que gañaron en confianza e no que sentaron as bases das sucesivas victorias ante o Alameda Xarío (4-1), o Castroverde (4-5), o Vila de Cee (4-2) e a última na complicada pista do Begonte (5-7).
Trece puntos acadados nos últimos cinco encontros que supuxeron un ascenso importante na táboa clasificatoria, o Praias de Barreiros ocupa arestora a novena posición da Liga Autonómica Galega Norte con 25 puntos.
Un bo intre no que o club desexa agradecer o gran apoio recibido por parte do restaurante O Asador del Alba. Por iso, tanto xogadores como directiva visitaron as instalacións sitas na Cruz do Lobo de San Cosme de Barreiros.
No aspecto deportivo, o próximo desafío do cadro barreirense será este sábado día 4 de marzo ante o Stellae FS, encontro que dará comezo ás 18:30 horas no Pavillón Muncipal de Barreiros.