07 de abril de 2017. O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o Director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, asinaron esta mañá a renovación do convenio do Plan Activamos, a través do cal a entidade financeira destinará 21 millóns de euros para financiar iniciativas enfocadas ao desenvolvemento económico e social da provincia. Como novidade, este ano o convenio incorpora, a proposta do Executivo Provincial, unha liña de financiamento para reformas de vivendas habituais no medio rural, en poboacións de menos de 20.000 habitantes e fóra do casco urbano.
Campos Conde explicou que, con esta nova liña, o Executivo “contribúe ao asentamento e a fixación de poboación en zonas rurais”, un obxectivo que forma parte da aposta do Goberno polo impulso do rural. Ademais, destacou a importancia deste tipo de convenios, “que permiten que o crédito chegue ás familias, aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas e favorece o mantemento do emprego na provincia”.
Pola súa parte, Santiago Novoa sinalou que “o Plan Activamos comparte os sinais de identidade esenciais de ABANCA: a concesión de crédito como gran prioridade da nosa actividade, o compromiso co desenvolvemento económico e social da nosa contorna máis próxima, e a implicación coas necesidades das familias e as empresas, os dous colectivos fundamentais aos que nos diriximos”.
A nova liña para vivendas do rural ofrecerá préstamos de entre 10.000 e 60.000 euros en condicións preferentes ás do mercado, para a rehabilitación de fachadas e cubertas e para efectuar reformas estruturais, que contribúan á confortabilidade da vivenda habitual e á súa mellora estética.
Esta axuda está dirixida ás familias, para as que tamén se contemplan outros catro tipos de préstamos: para equipamento tecnolóxico, para financiar estudos e formación, para a adquisición de vehículos eficientes e para mellorar a accesibilidade e eficiencia enerxética no fogar.
Ademais das familias, o Plan Activamos inclúe outros dous grupos de beneficiarios: empresas e autónomos, que poderán optar a axudas para o emprendemento, a realización de novos investimentos, a creación de emprego, a mellora da eficiencia enerxética e as necesidades de circulante; e os Concellos e organismos autónomos, que poderán cubrir as súas necesidades de investimento, circulante, avais e confirming.
Máis de 2.000 operacións por un importe de 55,9 millóns de euros
Dende que foi creado no 2014, o Plan Activamos supuxo na provincia de Lugo a realización de 2.062 operacións de financiamento, entre préstamos e créditos, por un importe de 55,9 millóns de euros. A media por operación foi de 27.109 euros.
Por sectores, o principal colectivo receptor de financiamento foi o das empresas, cun 96%, seguido das familias, cun 3%, e das corporacións locais, cun 1%. No caso das empresas, o financiamento concedido estivo dirixido fundamentalmente a necesidades de tesouraría a curto prazo, cun 45 %; novos investimentos, cun 41 %; e emprendedores e creación de emprego, 10 %.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



