En Viveiro, 08 de abril de 2017.
O conxunto arquitectónico da Igrexia e Convento de San Francisco de Viveiro está declarado pola Xunta de Galicia como Monumento histório-artístico conforme ao Decreto 2507/1975.
A escalinata de acceso á Igrexa de San Francisco, presentaba o seguinte aspecto, a principios do século XX: Na actualidade a escalinata presenta o seguinte aspecto: A día de hoxe a escalinata presenta unha barandilla de acceso realizada en pedra dunhas dimensións considerables, que se construiu nos anos noventa coa finalidade de protexer o acceso da constante circulación de vehículos pola Avenida de Cervantes.
Na actualidade, a reforma da Avenida de Cervantes, a súa conversión en rúa semipeonil, coa velocidade limitada e a circulación de vehículos nun único sentido, permite a recuperación da escalinata de acceso tradicional, eliminando unha barreira visual e arquitectónica que non realiza ningunha función.
A accesibilidade ao monumento histórico-artístico está absolutamente garantida pola parte posterior do mesmo, como se ven realizando na actualidade, e entendemos que con esta actuación se melloraría e protexería o entorno e accesos ao monumento.
É por isto, que propoñemos ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do
seguinte ACORDO:
1. Realización por parte dos técnicos do Concello de Viveiro, un proxecto de recuperación da escalinata tradicional de acceso á Igrexa de San Francisco de Viveiro.
2. Solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia a
autorización para a execución das obras .
3. Prever nos orzamentos do ano 2017 unha partida económica, a definir no
correspondente proxecto, para a realización das obras.
Bernardo Fraga Galdo Manuel Galdo Dopico Saray Blanco Canoura





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



