Foz (Lugo), 4 de abril de 2017.- O Goberno do PSOE na Deputación leva aos 74.300 veciños da Mariña lucense un investimento de 4.683.389 euros a través do Plan Único da Deputación. O Presidente do PSOE na Deputación, Darío Campos Conde, e o voceiro do Grupo Provincial Socialista, Álvaro Santos Ramos, acompañados de Alcaldes, voceiros, militantes e simpatizantes do partido en 16 Concellos mariñáns, informaron sobre os investimentos do Goberno Provincial para os veciños destes municipios mediante dita programación.
E é que co Plan Único, o Executivo do PSOE na Deputación achega aos veciños de Alfoz: 255.009 euros; aos de Barreiros: 255.727 euros; Burela: 333.826 euros; Cervo: 270.913 euros; Foz: 375.645 euros; Lourenzá: 238.937 euros; Mondoñedo: 288.098 euros; Ourol: 283.861 euros; A Pontenova: 255.700 euros; Ribadeo: 396.569 euros; Riotorto: 224.132 euros; Trabada: 236.603 euros; O Valadouro: 268.582 euros; O Vicedo: 241.216 euros; Viveiro: 500.000 euros; e aos de Xove: 258.571 euros.
Darío Campos remarcou que con Plan Único ponse a disposición dos máis de 300.000 lucenses dos 67 Concellos un investimento total de 20 millóns de euros. “Fixemos a distribución destes fondos en base a criterios obxectivos, que foron aprobados por unanimidade na FEGAMP, como son a superficie, poboación, entidades poboacionais e índice de envellecemento. Ademais, establecemos un máximo de 500.000 euros e un mínimo de 150.000 euros por municipio co obxectivo de que os fondos públicos desta programación chegasen en igualdade de condicións a todos os veciños da nosa provincia”.
O Presidente salientou que “queremos que os investimentos do Plan Único contribúan a mellorar a calidade de vida dos lucenses e a reactivar a economía da provincia. Para elo, establecemos que canto menos os 70% dos seus fondos, que representan 14,5 millóns, sexan para novos investimentos, emprego e servizos sociais nos municipios”.
Santos Ramos apuntou que “a distribución de fondos obxectiva e equitativa nos 67 Concellos non é ningunha novidade na Deputación de Lugo dende que a preside o PSOE, pois nós sempre traballamos en defensa dos intereses de todos e cada un dos lucenses, en defensa da igualdade de oportunidades vivas onde vivas, que é o que temos que garantir calquera institución pública”.
O voceiro socialista destacou que “mentres o PSOE dende a Deputación incrementamos notablemente os programas para todos os Concellos, buscando novas fórmulas de financiamento, o PP dende o Goberno Central e dende a Xunta de Galicia suprimiu as únicas achegas estatais e autonómicas para asistir a todos os lucenses por igual xunto á Deputación”.
Deste xeito, explicou que “co PSOE no Goberno Central, os veciños da nosa provincia recibían 3 millóns de euros para o Plan de Obras e Servizos (POS). Coa chegada do PP ao Executivo estatal, deixouse de financiar esta histórica programación, que perdura grazas ás achegas da Deputación e dos Concellos. O Servizo a Domicilio para non dependentes é outro exemplo dos recortes do PP, xa que o Goberno galego de Feijóo non achega nin un só euro a esta prestación en 66 municipios lugueses, cando antes se recibía 1 millón de euros. É o PSOE dende a Deputación o que se fai cargo da totalidade deste servizo social con 1,5 millóns de euros, atendendo a máis de 1.800 maiores da provincia”.
Santos Ramos subliñou que “o PP non só se encargou de suprimir os fondos das principais administracións no país para atender por igual a todos os lucenses xunto á Deputación, senón que distribúe os fondos públicos do Goberno Central e da Xunta de xeito discriminatorio. Só é preciso acudir ao BOE ou ao DOG para comprobalo”.
Neste senso, fixo alusión ao DOG do 3 de novembro de 2016, onde Augas de Galicia aprobou convenios con tan só 11 Concellos da provincia de Lugo, dos 67 que hai en total, por un valor superior aos 11 millóns de euros.
10 destes Concellos están gobernados polo Partido Popular. O único municipio de distinta cor política é A Pastoriza, que recibe unha axuda de 29.700 euros, que ben lonxe está dos 150.000 euros de Mondoñedo, 500.000 de Castro de Rei, 600.000 de Outeiro de Rei ou 800.000 de Cospeito. Velaquí a distribución obxectiva de fondos públicos que aplica o PP nas institucións nas que goberno”, apuntou.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



