A Mariña 4-4-17. As diferentes Administracións da Mariña lucense contan con plans de igualdade, declaracións polo 8 de marzo e outras efemérides, con minutos de silencio e parafernalia varia. Porén, isto fica no plano simbólico sen facer un traballo real ou confiar realmente na mudanza a través da linguaxe inclusiva como un paso máis cara a igualdade de xénero.
Logo de ver o que acontece no hospital comarcal, podemos comprobar que os sitios web dos concellos mariñáns utilizan unha linguaxe sexista. Chama a atención que, dentro do proceso de dixitalización á que as administracións locais están obrigadas segundo a Lei 39/2015, non aproveitasen a oportundide para corrixir isto.
Un exemplo son os propios formularios onde se refiren á persoa que solicite a mudanza de domicilio fiscal como «datos del solicitante» e asinado «O solicitante». Por outra banda, no que se refire ás ofertas de emprego, podemos observar que se refiren á «lista provisional de admitidos». Na mesma liña, convócase unha praza de auxiliar da administración baixo o masculino xenérico «auxiliar administrativo». Se ben nalgúns concellos semella existir unha maior sensibilidade, xa que hai casos de convocatorias coa fórmula neutra de «persoal», seguen a existir algúns fallos como «requisitos dos aspirantes». No que atinxe ás actas dos plenos, é evidente como estas se refiren ás persoas integrantes da corporación que asisten ao Pleno como «Concelleiros» ou «coa asistencia dos Concelleiros», cando existen concelleiras en todos os concellos da comarca.
Todos estes casos, recollidos en ofertas de emprego, actas e formularios públicos, evidencian unha práctica común —en distintos graos— a todos os concellos da Mariña e que ademáis supón unha eiva no camiño cara a igualdade de xénero.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



