Foz, 4 de abril de 2017. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz anuncia hoxe a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 neste ano 2017.
Os destinatarios son as persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2017, nacionais ou estranxeiras.
As datas de realización das probas son as seguintes:
Celga 4: 10 de xuño de 2017.
Celga 2: 11 de xuño de 2017.
Celga 3: 17 de xuño de 2017.
Celga 1: 18 de xuño de 2017.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As persoas que desexen inscribirse deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado e aboar a taxa que se indica na convocatoria. Deberán indicar a proba ou probas ás cales solicitan presentarse e a localidade.
Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
O prazo remata o 4 de maio de 2017.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame: 15,77 euros.
b) Copia do certificado de discapacidade emitido por unha administración distinta da Comunidade Autónoma de Galicia, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente.
Os interesados poden obter máis información sobre estas probas en www.lingua.gal e tamén a través do teléfono 982.140.675 ou do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



