O Concerto Final, co conxunto de alumnos e profesores tocando xuntos, puxo este venres punto final a esta vixésimo sétima edición. O Curso desenvolveuse dende o luns 10, primeiro na sé da Escola Municipal de Música en Palmeiro e rematou despois con dous concertos celebrados no Salón de Actos do Centro Cívico.
Foi organizado pola Asociación Musical Prestoxove, sendo financiado na súa integridade polo Concello de Xove.
