Trátase do proxecto Mentalízate, que pretende informar e dar a coñecer as enfermidades mentais entre os máis mozos, así como axudar a previlas e a eliminar os estigmas que hai cara as persoas que se atopan nesa situación.
Concretamente, A Mariña achegarase ao Instituto Monte Castelo de Burela os días 4 e 8 de maio para falar con alumnos e docentes do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería.