Mondoñedo 26-5-17. o pasado xoves os alumnos gozaron dunha xornada moi especial. O grupo de 1º ESO “B”, dirixidos pola súa titora e coa colaboración da profesora de Plástica, Paula Alvite, organizaron unha exposición no centro para dar a coñecer a cultura marroquí e compartir co resto do alumnado un té con pastas propias das datas do Ramadán que vai comezar. A idea xurdiu neste grupo xa que de 22 matrículas, 6 corresponden a alumnos e alumnas de orixe marroquí. Na titoría decidiron entre todos que sería bo coñecerse mellor para facilitar a convivencia e evitar os malentendidos que puidesen producirse a causa das diferencias culturais. A experiencia deixou moi bo sabor de boca e agardan poder repetila
