Lugo, 24 de maio 2017. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, informou este mércores sobre a entrada en vigor da nova ordenanza de recadación, que elaborou o Goberno Provincial co obxectivo de defender aos veciños e ofrecerlles facilidades en canto ao pago de impostos que establecen os Concellos en cumprimento das leis impostas polo Executivo Central no Ministerio de Facenda.
García Bermúdez explicou que “elaboramos esta nova ordenanza tendo en conta o incremento de impostos municipais que levou a cabo o actual Goberno estatal, así como as posibilidades que temos dende este Goberno Provincial para axudar aos nosos veciños, pois 62 Concellos teñen delegada a recadación de impostos na Deputación porque non teñen medios humanos nin cartos para facelo. O noso traballo consiste na recadación destes impostos, que ingresamos na arcas municipais e que incluso adiantamos con fondos propios desta institución para axudar os Concellos. Esta ordenanza é unha medida máis coa que buscamos unha Deputación coas persoas”.
Melloras para os veciños
A Deputada explicou que a ordenanza de recadación en vigor contempla as seguintes medidas:
– Facilidades de pago: a través do fraccionamento do pago no IBI, IAE e o Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica.
1.No caso de ter débedas inferiores aos 3.000 euros, esta poderá pagarse en 12 meses. Se a débeda é superior aos 3.000 euros, esta poderá aboarse en 24 meses.
2.Os cidadáns con dificultades económicas xustificadas, poderán solicitar un calendario provisional de pago.
3.Non se esixirá un aval bancario cando a débeda non supere os 30.000 euros, límite que estaba establecido ata o de agora nos 6.000 euros, supoñendo unha nova facilidade de pago e un aforro xa que o aval ten gravame.
– Limitacións para as poxas de bens inmobles: en relación ás poxas de vivendas habituais ou inmobles por actividades agrogandeiras, comerciais ou industriais, que se poden realizar se existe algún impago, o Goberno Provincial fixa que:
1.Non se procederá á poxa cando se traten de ben inmobles en xeral e as débedas sexan inferior aos 3.000 euros. Son preto de 24.000 persoas con débedas inferiores aos 3.000 euros, sumando máis de 7 millóns de euros.
2.Non se procederá á poxa dun ben inmoble aínda que a débeda sexa superior aos 4.000 euros cando os informes dos servizos sociais dos Concellos determinen que as persoas que acumulan estes impagos están nunha situación de precariedade ou exclusión social. Hoxe son 372 persoas na provincia que están nesta situación, e que teñen unha débeda de 4,3 millóns de euros.
3.Non se poderá proceder á poxa dunha vivenda habitual o dun inmoble no que se realicen actividades agrogandeiras cando a débeda sexa inferior aos 4.000 euros. Na nosa provincia contamos con máis de 24.000 persoas con débedas inferiores aos 4.000 euros, sumando 7,6 millóns de euros.
4.No caso de existir débedas, estas poderán liquidarse coas novas facilidades no pago das mesmas.
Melloras tamén para os Concellos
O Goberno Provincial tamén levou a cabo mellora no servizo de recadación, que afectan directamente aos Concellos, pois aforran máis custos e ganan liquidez. Son:
1.Redución na retención pola recadación, pasando do 3% ao 1%. Isto supón un aforro para os 62 Concellos superior aos 700.000 euros.
2.Adiántanse aos Concellos mes a mes a recadación de impostos anuais. Isto implica unha inxección mensual nas arcas municipais destes 62 Concellos por parte do Goberno Provincial de 3,3 millóns. Suman 40 millóns ao ano. Permite aos municipios obter unha maior liquidez.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



