Lugo, 4 de maio de 2017.O Goberno da Deputación ofrece 12 prazas para participar no Obradoiro de experimentación textil, impartido pola artista Sara Coleman, que se celebrará o 20 e 21 de maio no Centro de Artesanía e Deseño. O Executivo Provincial achega, totalmente gratis, esta formación que no mercado ten un custo de 300 euros por persoa. Os interesados poden realizar a súa inscrición dende o 8 ata o 13 de maio en info.centrad@deputacionlugo.org, indicando o nome, dirección, profesión e teléfono. A selección de participantes realizarase por rigoroso orde de solicitude. Este “workshop” complementa á mostra URPHÄNOMEN da artista, que está exposta ata o 28 de maio na Capela de Santa María.
Este obradoiro de experimentación textil está dirixido a creativos de calquera das ramas relacionadas coA arte e o deseño: deseñadores de moda, interioristas, escaparatistas, escenógrafos, artistas e artesáns que queiran desenvolver o seu traballo por medio de técnicas textis. Durante as dúas xornadas, os participantes poderán profundizar nas relacións entre a arte, o deseño e a arquitectura, e xerar unha nova visión no textil, sinalándoo como material creativo e sensitivo que abre un novo campo para a experimentación de técnicas e procesos, onde o textil se sitúa como nexo fundamental.
URPHÄNOMEN
A Capela de Santa María acolle a exposición URPHÄNOMEN de Sara Coleman, na que afonda nas relacións que se establecen entre corpo, materia e espazo; entendendo a arquitectura como proxección do corpo e o téxtil como interface, esta obra recolle as relacións que se dan entre o “hábito” e o “hábitat”. Xorde así un xogo no que a arquitectura convértese en corpo e o corpo en arquitectura, nunha simbiose corporal-arquitectónica, onde o material téxtil sitúase como membrana, como epidermis.
O horario da mostra é de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.
Sara Martínez “Coleman”
Sara Martínez, máis coñecida por Sara Coleman, é técnica superior en Artes Plásticas e Estilismo de Indumentaria, Másters en Xestión de Moda, Experta Universitaria en Formación, Cultura e Xestión de Moda, e Ilustración Experimental na Central Saint Martins. Técnica en Patronaxe e Escalado Industrial, Deseñadora de Vestiario para Artes Escénicas e Grado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realizou obradoiros de investigación e experimentación en técnicas téxtiles con Kei Ito, Teresa Rosa Aguayo, Elisabeth Salgado. Ao longo da súa carreira profesional traballou como deseñadora e patronista para diversas empresas do sector téxtil como Roberto Verino, Bershka ou Gingo Biloba entre outras, ao mesmo tempo que realizaba colaboracións como deseñadora de vestiario para Artes Escénicas.
No ano 2007 fundou a súa propia marca de moda Sara Coleman Organic Desing e desde entón e ata o día de hoxe ven presentando as súas coleccións de moda na pasarela Mercedes Benz Fashion Week e outras feiras internacionais, incorporando asiduamente traballos e colaboracións con artesáns. Na actualidade colabora como docente e directora de proxectos fin de carreira en ESDEMGA (Escola de Estudios Superiores en deseño Téxtil e Moda de Galicia) da Universidade de Vigo, ao tempo que imparte conferencias e workshops sobre Creatividade, Deseño e Experimentación, e avanza no desenvolvemento de proxectos persoais no ámbito artístico centrada neste momento nas relacións entre a escultura e a arquitectura.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



