LOURENZÁ, 30 de maio de 2017.-O PP de Lourenzá califica de “surrealista” o Pleno celebrado recentemente pola Corporación. Proba delo, é que o propio Goberno retirou da orde do día o único punto que incluíran, relativo á ordenanza reguladora dos vados,. Pola contra, os populares presentaron 2 mocións, 4 rogos e preguntaron por 9 temas “de interese para os veciños”, o que evidencia, din, “un pasotismo claro” por parte do equipo local.
Neste senso, os populares agradecen que a rexedora adoptase a decisión de quitar este asunto da orde do día, porque prexudicaba seriamente aos negocios locais e, sobre todo, por que os cambios propostos non foran consultados nin cos afectados nin coa Asociación de Comerciantes local (ACIAL). “O que non aceptamos é que o retiren alegando para elo que houbo quen andivo sementando a dúbida sobre este asunto”. Tal contestación representa para os populares “un despropósito”, pois “a realidade é que a rexedora a retirou pola presión dos afectados, se foran dúbidas infundadas, non o houberan retirado, máis, nembargantes, o que debería de haber feito é consensuar tanto a ordenanza como o acordo proposto coas persoas implicadas e tamén cos grupos políticos”, destacan.
Veto ao PP e tardanzas nas contestacións
O grupo do PP critica tamén que o Executivo “tumbase” as dúas mocións presentadas por esta formación política, e que contaron co voto favorable do BNG. “Foron rexeitadas porque, segundo manifestou a propia alcaldesa referente ao plan de turismo municipal, non queren que nos poñamos tantos dende o Partido Popular a pesar de indicar que farían moitas das cousas que lle pedíamos, e, ademais, votan unha cousa cando gobernan e outra cando están na oposición”, salientan en relación a transferencia do Camiño A á Deputación.
Asemade, lamentan que a rexedora tardase dous meses en contestar a pregunta sobre quen asisitíu en representación do Concello de Lourenzá a reunión desenvolvida en Viveiro entre representantes da Xunta e os alcaldes da Mariña. “Loxicamente, se non contentou antes pode deberse a tres motivos, ou ben non quería recoñecer que en plena crise da pataca, non foi ninguén, ou ben descoñece o día a día do Concello, ou, queren impoñer o caracter ditatorial ao que xa nos ten acostumados facendo caso omiso ao traballo da oposición, do contrario, non nos explicamos que tardara dous meses en decirnos que non fora ninguén a mencianada reunión”, explican.
“Deixadez”do Goberno
Noutra orde de asuntos, os populares queren salientar que “o pasotimo e a deixadez do Concello chegan a tal punto” que a alcaldesa deixou sen contestar preguntas tan sinxelas como as relativas ás previsións do Goberno para a mellora da zona do Ranchito ou a relativa á unidireccionalidade do Paseo de Oya.
“Unha vez máis, o Goberno dá a calada por resposta, a pesares de que, no primeiro caso, solicitou a montaxe e a instalación dunha pérgola no marco do Obradoiro da Xunta e só tiña que contestarnos se contemplaba no proxecto o arranxo das vallas que están tiradas dende xullo do 2015 e, no segundo, existe un acordo plenario de devolver a bidireccionalidade a este Paseo; cuestión que celebramos xa que non apoiamos esta cuestión cando a debatimos en pleno, máis gustaríanos saber se teñen previsto respectar este acordo posto que xa pasou preto dun ano e xa anunciou o cambio en bando unha vez aprobado” precisan.
A este respecto, pregúntanse: ¿por que non contesta a Sra. Alcaldesa, débese ao seu caracter ditatorial ou descoñece o que se está a facer no Concello?, insisten.
4 rogos
O Grupo do PP presentou tamén catros rogos, a través dos que se demandaba, por unha banda, o arranxo de dúas estradas, a antiga N-634 e tamén a estrada que vai de Santo Tomé a San Adriano por Lavandeira. Pregan que estes arranxos sexan incluidos no Plan Marco que financia a Xunta de Galicia, “pois cremos que é unha boa oportunidade, xa que son das máis deterioradas do concello”.
Debido ás queixas dos veciños demandaron máis celeridade no arranxo do alumeado público naqueles casos que os propios veciños pasan o aviso ao concello, e tamén das vaias da ponte do Xuncal, “que levan case un ano tiradas”. Asemade, “e dado que estamos nunha época propicia para arranxar as pistas forestais que están en mal estado”, esixiron o cumprimento da ordenanza que regula o uso das vías públicas, “xa que son moitos veciños que nos manifestaron as súas queixas por non poder acceder aos seus montes”.
“Cremos que eran peticións necesarias pero que, unha vez máis, o Goberno fará caso omiso. Realmente isto é moi grave porque son peticións que as facemos porque así nolo transmiten os veciños. É dicir, que non só pasan do PP, senón que pasan amplamente das necesidades dos cidadáns. Isto é inaudito”, conclúen.



















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



