Lugo, 22 de xuño de 2017.- A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación do Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico, que se celebrará no embalse de Río Cobo, en Cervo, esta fin de semana, en concreto os próximos sábado 24 e domingo 25 de xuño.
Na presentación participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión; o concelleiro de Deportes de Cervo, José Soto; o delegado provincial da Federación Galega de Radiocontrol Térmico, José Soto; e Emilio Cadaveira piloto e membro tamén da Federación de Radiocontrol Térmico.
Está a prevista a participación de 32 pilotos procedentes de toda a xeografía española e máis de 70 embarcacións náuticas que competirán nas distintas categorías. Os tres mellores pilotos da proba participarán ademais no Campionato do Mundo que se celebrará en Francia o vindeiro ano.
As lanchas, unha auténtica xoia da enxeñería náutica a pequena escala, teñen unha lonxitude aproximada de 1,20 metros e chegan a acadar os 120 km/hora. Os participantes deben posuír a licenza de piloto.
O delegado territorial da Xunta, puxo de relevo que acoller este campionato contribúe á proxección turística da Mariña en toda España, ofrecendo un espectáculo deportivo de enorme atractivo para mozos e maiores e nun entorno excepcional como é o embalse de Río Cobo, dando así a coñecer un dos rincóns da comarca máis fermosos pero aínda non moi coñecido.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
