Mellor caer en graza que ser gracioso. Esta expresión tense dito sempre de certo xeito, sorna, e no fondo certa incredulidade, por insostible a longo prazo, sabendo que a verdade estaba noutro lugar, o lugar do que sabería aprezala. Pero se a vida fora tan sinxela como a aprendemos cando nenos, non teriamos que estar hoxe na procura das razóns que levan a uns ou ós outros a erguer exemplos de graza informativa e gardiáns de templos a dedo.
Sabemos do atractivo incomparable do empresariado, chamado a rescatar o mundo da súa propia mediocridade inmobilista, ese empresariado que rebenta os bancos a golpe de préstamos e surfea con graza a onda das subvencións para brilar cunha auréola de tempada alta ata que volta de novo o inverno. E esa ideoloxía de brillantina, moitas veces coa esperanza de vida dunha bengala no medio da Ría, é a que pretende levar o gato á auga. Hai que dicir, que ese prototipo cae moito en graza -seguindo co refrán- en certos medios de comunicación, os que cantan as excelencias do progreso segundo o cheo ata a bandeira dos hoteis ou Catedráis meses antes de que aconteza. Grazas a eses medios, soubemos de hoteis que se abrían, enchían, e reservaban con tanta antelación que, chegado o momento da verdade, precintábanse. E isto, que no mundo no que vivimos pode parecer unha frase con malas intencións, non é máis que a verdade núa, pero nesto, como en todo, asistimos a unha nova interpretación da ética baseada en valores estraños.
¿Que é o que prima aquí? Imos tentar explicalo. Vexamos, ¿que é “Por nuestro faro”? Hai pouco puidemos ver publicada unha reclamación do colectivo, perfectamente lícita e fundada na legalidade máis básica, reducida a un ínfimo recadro no medio dunha colaxe inverosímil de noticias breves: obituarios, feridos e mortes en accidentes de tráfico, xornadas e seminarios. No titular non se podía mesmo nin ler o nome do colectivo. Pero se, ademais, dita reivindicación preséntase na primeira liña como procedente dun grupo creado en internet (despois de dous anos de loita para ter información, comunicacións co Defensor del Pueblo, escritos ó alcalde e Puertos, organización de actos, xuntanzas regulares, etc.), un turista un pouco despistado aínda podería pensar que “Por nuestro faro” é pouco máis ca unha aplicación para tablets.
Reclamar información, subliñar o ilegal, esixir que se cumpra a normativa vixente, non debería estar penado coa marxinación ou o desprezo informativo. Como non se debería vitimar ós que incumpren as normas, adicarlles páxinas de papel e espazo dixital, como se saltar as regras ‘á torera’ entrase dentro deste xogo do poderío en voga, e os demais tiveramos que cerrar o pico para deixar entrar ata o máis íntimo espazo do noso patrimonio ese progreso devastador que sen estudo de viabilidade, asegúrannos, será algo prodixioso. As proxeccións de futuro no trato do tema desafían por tempos os límites da lóxica. Coa mesma presenza que se suxire que dous apartamentos poden impulsar o turismo da rexión, as perdas causadas polo peche parece que serán enormes. O que eu non daría para ver todos eses números.
Á marxe do que un medio decida estender como unha verdade inapelable, recoñeceremos que un empresario pódese facer moito daniño, se alguén, por breve que sexa, decide aplicar un pouco de presión chamada lei. Pero iso xa o sabíamos, ¿certo? ¿Ou non? Témome que non, e así o de sempre permítese en plena festa seguir a insultar ás nais dos membros deste grupo que suxire verdades, un xeito como calquera outro para celebrar a noite de San Xoán, quizais, para algúns, pero o que está claro é que non será a el ó que sacrifiquen na fogueira da información.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



