Manuel Jesús Blázquez Pacheco (Salamanca, 1992) formará parte da estrutura do Pescados Rubén Burela FS. O ala zurdo adquiriu o compromiso para defender a elástica laranxa para 2017-18, logo de lograr o ascenso a Primeira División con Naturpellet Segovia esta tempada. Esta non será a primeira experiencia do salmantino, de 25 anos, no fútbol sala galego. Formado nas filas do Don Ulpiano Albense desde 2007, vestiu a camiseta do Santiago Futsal entre 2013 e xaneiro de 2015, cando se trasladou ao conxunto segoviano. Chus, un xogador moi sacrificado e comprometido, será presentado oficialmente nas próximas semanas.
