Foz, 2 de xuño de 2017. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, critica á asociación San Gonzalo, de Forxán, por presentar unha alegación aos suplementos de crédito aprobados no pleno da corporación para levar a cabo contratacións de obras e de traballadores. O rexedor explica que esta decisión deste colectivo veciñal causa un grave prexuízo ao Concello e aos veciños de todo o municipio.
“Dende o equipo de goberno a verdade é que quedamos abraiados porque vimos de recibir unha alegación por parte da asociación de veciños San Gonzalo, de Forxán, recentemente montada polo Partido Socialista; e digo isto porque os membros desa directiva forman parte todos da candidatura do señor Cancio e loxicamente foi montada única e exclusivamente para facer política en contra da depuradora, pero sobre todo en contra do goberno. Recibimos unha alegación no día de onte contra os suplementos de crédito que contan con máis dun millón de euros de investimentos para todo o municipio, pero tamén 50.000 euros para a propia localidade de Forxán. É inaudito que unha das dúas asociacións que hai nese lugar estea en contra de investimentos para os seus veciños e asociados”, manifestou Javier Castiñeira.
O alcalde engadiu que “o dislate que vive o PSOE de Foz ou Unifoz, porque a verdade é que segue sendo o mesmo, é o mesmo dislate que vive esta asociación, que está en contra en dos veciños e usa a política para tratar de desgastar ao equipo de goberno. Pero dende logo nós vamos seguir traballando por todos os veciños de Foz e tamén, por suposto, por todos os veciños de Forxán. Polo tanto esta asociación non acepta que haxa investimentos, como o da senda peonil que se está facendo agora, como as numerosas reparacións en alumeados que tamén se están executando e este plan de 50.000 euros a maiores para obras en Forxán”.
Castiñeira explicou que “esta alegación provoca un grave prexuízo agora mesmo para Concello, porque unha vez rematado o período de publicación ía empezar a contratar todos os traballos para prepararse de cara ao verán, incluso o plan de emprego. E agora quedan paralizados, polos menos provisionalmente, durante uns días, ata que se resolva a alegación. Polo tanto vamos ter moitos problemas para que, por exemplo, neste mes de xuño teñamos socorristas nas praias do concello de Foz, para que comecen os traballos de roza e limpeza ou para que se inicien unha serie de investimentos que están programados e que foron acordados pola maioría do pleno. O que vai facer o equipo de goberno inmediatamente é convocar un pleno extraordinario para a semana que vén, o primeiro día que se poida facer, e tratar, loxicamente cos informes municipais, de desestimar esa alegación e seguir con normalidade. Pero é certo que vamos perder polo menos os primeiros 15 días deste mes de xuño”.
O rexedor municipal rematou acusando “ao Partido Socialista deste dislate, de influenciar a esta asociación, que non é representativa dos veciños e debería aprender moito da outra asociación, que é a que verdadeiramente leva moitos anos loitando polos veciños de Forxán e está facéndoo coa obxectividade que sempre a caracterizou. E iso está traendo grandes beneficios, obras e investimentos, para Forxán, que dende logo nos anos anteriores nunca tivo. Esta é a denuncia contra o Partido Socialista, contra os manexos do señor Cancio, que non acepta a súa derrota política nas eleccións, que é incansable e estou seguro de que o seu obxectivo non é acabar aquí, é moito maior: seguir vivindo da política como fixo nestes últimos 20 anos”.























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



