Ribadeo 9-6-17. Logo de que na xornada do luns e do mércores non houbese barco, os estibadores do Porto de Ribadeo, non puideron comezar a folga do seu sector ata a mañá deste venres na que os dous operarios, dos catro que actualmente compoñen a plantilla, que estaban chamados á labor de carga dun barco de pasta de papel secundaron a folga ao igual que o leva facendo o 100% do sector nas xornadas anteriores.
Cómpre lembrar que a decisión de convocar os paros (que se desenvolven dende as nove da mañá durante as horas impares) tomouse logo de rachar as negociacións coa patronal Anesco, que está a incumprir o preacordo alcanzado coa representación sindical a través do que se garantía a subrogación de todo o persoal que vén prestando os seus servizos nas SAGEP.
A subrogación de todo o persoal é un dos elementos fundamentais das reivindicacións dos traballadores e traballadoras do sector, no marco do conflito aberto polo proceso de “liberalización” da estiba.
O conflito xurdiu a raíz da aplicación da sentenza do tribunal europeo que obriga ao estado español á modificar a lexislación para liberalizar o sector.
Aproveitando esta circunstancia, o goberno español, a través dun Real Decreto, pretende liberalizar a actividade de carga e descarga de mercadorías nos portos, beneficiando as grandes empresas en detrimento das condicións laborais dos traballadores/as; xa que impón un modelo no que as empresas poderán contratar libremente e cando o precisen (a modo dunha ETT) ás e aos estibadores.
É decir, como explica Xoán Díaz, da CIG A Mariña, que aproveitando unha sentenza que trataba de regular a contratación, única e exclusivamente (algo ao que nunca se opuxo o colectivo de traballadores), pretenden que as empresas se poidan desprender do 75% da plantilla en tres anos , mesmo pagando as posibles indennnizacións con cartos públicos, para que despois mediante unha especie de bolsa de emprego poidan contratar cando o precisen.
Fronte a isto dende o colectivo demandouse do goberno introducir garantías para a subrogación de todo o persoal pero o goberno optou por deixar esta cuestión na negociación colectiva entre a parte social e a patronal Anesco. Aínda que se acadou un preacordo para garantir o mantemento do emprego, as negociacións finalmente racharon logo da patronal negarse a cumprilo.
Á espera de seguintes reunións que poidan desbloquear a situación, que se agardan para o vindeiro martes, a semana que vén hai unha nova convocatoria de folga que arrinca con 48h ininterrompidas de paro entre o mércores 14 e o venres 16 e tres días máis, o 19,21 e 23 con paros nas horas impares.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



