Para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) Nordés Faladora organiza unha xornada cos colexios do Concello de Mañón e do Vicedo no refuxio de Ponte Segade para facer as análises de primavera no río Sor correspondentes ao “Proxecto Ríos”. Unha labor que Nordés leva facendo uns anos e coa que desexa achegar ás nenas e nenos o coidado do río a través de actividades amenas e moi didácticas, guiadas por persoal de ADEGA, expertos e voluntarios da asociación. Realizarán análises da auga do río e aprenderán a distingir os bioindicadores (macroinvertebrados) presentes nela. Tamén analizarán o cauce do río nunha ruta pola súa beira e a fauna e a flora presente na zona, coa cal aprenderán a facer un herbario.

























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



