Villares agradeceu á Xunta de Galicia a inversión que vén de facer no peirao de San Cibrao, a través do ente público Portos de Galicia. Este venres o alcalde de Cervo e o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitaron as obras de mellora que veñen de rematar e que consistiron na instalación dun tren de fondeo e na repavimentación de parte da explanada. O rexedor suliñou que é unha actuación importante para cubrir un aspecto fundamental como é a seguridade dosveciños que dispoñen de embarcación, e coa que o peirao gaña tamén en operatividade. Unha demanda feita conxuntamente polo Concello de Cervo e o Club Náutico de San Cibrao, ao que a Administración Pública deu resposta.
Villares agradeceu á Xunta de Galicia a inversión feita no Peirao de San Cibrao
Villares agradeceu á Xunta de Galicia a inversión feita no Peirao de San Cibrao
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebra este sábado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz
-
A XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo celebrarase o sábado, 21 de xuño