Alfoz 4-7-17. BASES
1.Poderán participar todos os pintores que o desexen, con independencia da súa nacionalidade, residencia e idade, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra senior.
2.A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal.
3.A técnica e as medidas dos traballos serán libres. O material utilizado será aportado polo participante, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón…) con fondo branco.
4.Os participantes deberán inscribirse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com ou, de forma presencial, o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00, aportando nome e apelidos, idade, número de DNI, localidade de residencia e un teléfono de contacto.
5.O maratón celebrarase o domingo 30 de xullo de 2017 e o horario será de 10:00 a 18:00 horas.
6.Unha vez inscritos, os participantes selarán os soportes polo reverso no Castelo do Castrodouro.
7.O participantes poderán situarse en calquera lugar do concello de Alfoz para a realización dos traballos.
8.Durante o maratón poderán realizarse supervisións dos traballos por parte da organización, polo que os participantes estarán localizables.
9.Os traballos serán entregados ás 18:00 horas no Castelo do Castrodouro, sendo numerados por orde de chegada, valorados a continuación polo xurado e posteriormente expostos. Ás 19:00 horas darase lectura ao fallo do xurado e procederase á entrega dos premios.
10.O xurado estará formado por un presidente e dous vogais, representados por artistas relacionados co mundo da pintura.
11.O xurado valorará de forma individual, puntuando todos os traballos de 1 a 10, sumando posteriormente todas as puntuacións. En caso de empate, o presidente terá o voto de calidade.
12.Establécense os seguintes premios segundo a categoría:
Categoría Sénior
1º Premio: Bono de 100 € + Trofeo
2º Premio: Trofeo + Maletín de pintura
3º Premio: Trofeo + Lote de pinturas
Premio ao pintor local: Trofeo + Maletín de pintura
Categoría Infantil
1º Premio: Bono de 50 € + Trofeo
2º Premio: Trofeo + Maletín de pintura
3º Premio: Trofeo + Lote de pinturas
Premio ao pintor local: Trofeo + Maletín de pintura
13.Os premios non serán acumulables e poderán quedar desertos por decisión do xurado. As decisións do xurado serán inapelables.
14.Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación no maratón.
15.Os traballos permanecerán expostos no Castelo do Castrodouro ata o 31 de Agosto. Pasado este tempo, os autores poderán retiralos, pasando os traballos premiados a propiedade do Concello de Alfoz.
16.O feito de participar neste maratón supón a aceptación destas Bases.
17.O Concello de Alfoz non se fai responsable da perda ou deterioro dos traballos.
18.O Concello de Alfoz resérvase o dereito a tomar decisións non reflectidas nas presentes bases, así como a solucionar calquera tipo de conflito na interpretación das mesmas.