Lugo, 5 de xullo de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a completar estes días a solta de 64.300 exemplares de troita común e 20.000 de salmón para repoboar unha ducia de ríos da provincia de Lugo.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, indicou que se trata de actuacións periódicas destinadas a “preservar a riqueza dos nosos ríos, garantindo a variabilidade xenética das poboacións piscícolas”.
Esta fase de accións de repoboacións estendeuse durante as dúas últimas semanas. Nos primeiros días rexistráronse soltas de salmóns nos ríos Landro, Ouro, Masma e Eo, a razón de 5.000 exemplares en cada un. Os tramos de canle elixidos corresponden aos concellos de Viveiro, Ourol, O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo e a Ribeira de Piquín.
Nestes días estase a realizar a solta de troitas. Repoboáronse xa, con 5.000 exemplares en cada caso, os ríos Neira, Sarria, Cancelada e Narón; e con 4.750 exemplares cada un, os ríos Landro, Ouro, Masma e unha parte do Eo. Os municipios beneficiados foron Baralla, Sarria, Cervantes, Becerreá, Viveiro, Alfoz, Mondoñedo e Ribeira de Piquín.
Hoxe mesmo estanse a levar a cabo os traballos no río Navia, en Cervantes, que tamén se surte con 5.000 exemplares. Mañá os labores centraranse no río Miño, ao seu paso por Lugo, O Corgo e Guntín, coa solta de 10.000 exemplares en distintos tramos. Igualmente, haberá unha solta máis pequena, de 300 exemplares, no Eo no coto de Vilarmide (entre a Ribeira de Piquín e A Pontenova).
Esta fase de soltas remata o venres día 7 nos ríos Landroil e Parga, en Guitiriz. Todos os exemplares proceden do centro ictioxénico do Veral, en Lugo, un dos que xestiona a Consellería na provincia xunto co centro de Goo, ubicado no Incio.
O delegado da Xunta avanzou que haberá accións similares nas vindeiras semanas -con peixes criados en Goo, que está especializado na cría de troita-, e tamén no outono, no mes de outubro.
Balseiro explicou que estas intervencións teñen por obxectivo facilitar a explotación sostible dos ríos, e responden a estudos poboacionais e de presión pesqueira co fin de que a conservación da especie nunca se vexa comprometida polo seu aproveitamento.
Así, as soltas de troitas realízanse en tramos degradados, con escasa ou nula presencia de poboación piscícola, e polo xeral deben estar vedados ou ser aptos só para a pesca sen morte, ou mesmo de difícil acceso, para minimizar os riscos de mortaldade dos peixes destinados a repoboar os ríos.
De feito, apuntou o delegado, nesta ocasión realízase tamén unha solta no río Boedo -afluente do Parga-, en Guitiriz, programada para paliar os danos que produciron na fauna dúas verteduras de zurro que se sucederon nos anos 2014 e 2015.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



