Burela, 5 de xullo de 2017. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, fai unha valoración moi positiva da acollida que están a ter as actividades organizadas polo seu departamento durante o verán.
A edil socialista subliña que “cubrimos todas as prazas ofertadas tanto na ocioteca como no paddle surf e estamos moi satisfeitos por elo. Queremos que os nosos rapaces e rapazas pasen un verán o máis agradable posible e no caso da ocioteca temos que resaltar que é unha boa opción para axudarlles ás familias a conciliar a vida laboral e particular durante o verán”.
Noelia Mª Ben indicou que “estamos moi contentos coa acollida que están a ter as Xeorutas e a Ruta do Peixe, que arrinca hoxe. Ésta última é unha visita guiada a unha peixería e á lonxa do porto de Burela. Esta nova ruta será hoxe, día 5, e o 19 de xullo e o 2 e o 16 de agosto en horario de 17 a 21:30 horas, con saída desde a Oficina de Turismo. É necesario inscribirse a través da páxina de Turismo do Concello de Burela ou da aplicación creada para este fin”.
Con éxito continúan tamén as Xeorutas: a ruta xeolóxica desde Burela ata O Perdouro ten lugar este mes os días 2 (xa foi), 11 e 24; en agosto os días 8, 16 e 24; e en setembro os días 8 e 14. A distancia desta ruta son 3 quilómetros entre ida e volta, e ten unha dificultade media. E a ruta xeolóxica que discorre ata A Marosa desenvolverase en xullo os días 7, 20 e 30; en agosto os días 2, 12 e 15; e en setembro os días 1 e 16. A distancia é de 6 quilómetros entre ida e volta, e a dificultade é baixa.
A Ruta do Peixe e as Xeorutas están organizadas tamén pola Concellería de Turismo burelesa.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



