En Foz, a 5 de xullo de 2017. No pasado Pleno celebrado o xoves 29 de xuño “Foz, Plataforma de Futuro” presentaba unha moción para solicitar ó Equipo de Goberno que dote de partida orzamentaria para o cambio de tubarias de saneamento e augas na Avda. Da Mariña.
Esta avenida fai uns anos tivo unha importante inversión para a recollida de augas pluviais, despois de que durante moito tempo os veciños e comerciantes desta rúa sufriran importantes inundacións cada vez que chovía fortemente.
Despois de ter aceso ó proxecto observamos como nesta importante cantidade de diñeiro que se destina para facer esta obra non están incluídas dúas necesidades imperiosas que ten esta rúa, e así, se lle fixo saber ó Alcalde do Concello de Foz, dende “Foz, Plataforma de Futuro” en varias ocasións, como son a renovación da tubarias de saneamento, actualmente cunha antigüidade de máis de 40 anos e tubos de cemento de 300mm e 1metro de lonxitude cada tubo polas dúas marxes da estrada, e as tubarias da auga polas dúas marxes da estrada, tamén cunha antigüidade de máis de 40 anos, tubos de fibrocemento de 100 mm e algunha acometida para as vivendas aínda en chumbo.
Na reunión que houbo na Casa da Cultura do noso Concello o 26/05/2017 para informar ós veciños e veciñas do proxecto desta rúa, houbo veciños que se preocuparon por este importante tema, xa que entenden como entendemos dende FPF que invertendo tanto diñeiro nesta obra, non é de recibo deixar sen cambiar os servizos que hai enterrados, poñendo moi bonita a rúa e deixando unha bomba debaixo , o que vai provocar que dende que estea rematada esta obra vai volver a ter que levantarse, como está sucedendo noutras rúas que se cambiou o firme e agora está parcheado novamente. Dentro duns anos estará remendada esta rúa e vai haber que proceder novamente ó seu levantamento e procederse á renovación do saneamento e da rede de auga o que vai provocar un novo prexuízo para os comerciantes os veciños e un incremento moi importante do gasto, xa que é moi distinto proceder a facer o cambio deses servizos agora en obra que non despois con obra nova.
O ideal era que se cambiara todo o tramo que se vai ver afectado por estas obras, pero xa o tramo dende ABANCA ata a parada de taxis o vemos como practicamente imposible, xa que vai a obra bastante avanzada, pero estamos a tempo de corrixir un erro importante como corriximos o proxecto da Rúa Álvaro Cunqueiro, e o equipo de Goberno accedeu a incluír a proposta de FPF para a renovación da rede do saneamento, rede de augas e poñer nova a rede de augas pluviais.
Lamentamos que tanto o PP co seu voto negativo coma o BNG coa súa abstención impediran que esta moción saíse adiante. A “pinza” PP-BNG segue gobernando este concello. O PP unha vez máis se puxo nun tono inaceptable e chulesco, a como nos ten acostumados en numerosas ocasións, dicindo que a renovación de tubarias de auga a ten que levar a cabo a empresa concesionaria do servizo de augas en Foz, Gestagua. ¡Como si dende a nosa formación política dependese unha decisión deste calado!. Nós non podemos reclamar directamente nin a Gestagua nin a Augas de Galicia, nin a ningún organismo directamente que fagan unha renovación deste tipo, posto que esta decisión lle corresponde ó Equipo de Goberno do Partido Popular, nos claramente lle deixamos as portas abertas ó Equipo de Goberno do PP do noso Concello, para que pida, esixa ou negocie con quen o considere oportuno. Dende a portavocía de FPF tratamos de facerlle ver a toda a Corporación Municipal da importancia de facer estes arranxos, posto que cunha infraestrutura tan antiga íamos a ter problemas a non moito tardar, e teríamos que estar constantemente levantando tramos da Avda. Da Mariña, despois de toda a inversión tan grade que se está a facer para a súa humanización. Non é de recibo as formas que utiliza este Alcalde cando non lle interesa o que se lle está a reclamar, algo que non se fai por un capricho noso, é algo que o solicita a veciñanza e o tecido empresarial da zona. Nós entendemos que esta moción se puido ter presentando con algo máis de antelación, pero tamén sabemos que se hai vontade política, este Equipo de Goberno pode dirixirse a onde corresponda e solicitar con urxencia que se leven a cabo estas obras, que nos aforrarían custos e traballo con posterioridade. Ademais entendemos que non se pode escudar en que o mantemento o ten que facer a empresa concesionaria de augas, posto que para a reforma da Avda. De Álvaro Cunqueiro fixemos unha proposta similar e foi aceptada sen miramentos.
Para rematar este despropósito nos encontramos coa abstención do BNG, que está empeñado en facerlle de novo o xogo ó Partido Popular, algo que non vai ser a derradeira vez, e impedir que algo que é bo para toda a veciñanza saia adiante. Non entendemos que intereses ou pretensións pode ter este partido para actuar desta maneira, sabendo ademais que propoñen municipalizar o servizo de augas, deberían estar máis de acordo con nós se cabe, posto que non é o mesmo unha municipalización con unhas tubarias en bo estado que estas que levan décadas sen renovación, os custos posteriores para as arcas municipais van a ser case inasumibles. Igual os motivos son outros e como creemos teñen que ver con facerlle a oposición a oposición ou como ven dixeron (ou se lles escapou) no pleno “ somos nós as que estamos a liderar esta Oposición”.
Por último, queremos denunciar publicamente, como así fixemos constar neste pleno a través dunha pregunta dirixida ó Equipo de Goberno, e que eles mesmos se encargaron de confirmar sen miramentos, que non se están a utilizar os materiais proxectados para esta humanización da Avda. Da Mariña. Falábase de poñer uns acabados coloreados e antiescorregamentos formados por capa de zahorrra artificial con un espesor de 20 cm, nas zonas de aparcamento pavimento de formigón color arenisca ou terroso e pavimento peonil en formigón impreso con unha greca xeométrica. Pois ben nada disto se está facer e se optou por materiais moito máis baratos e uns acabados en color cemento nada estéticos, en formigón arenisca que veremos que resultado van a dar, e se non se vai a converter co paso do tempo nunha chapuza máis co desprendemento desa arenisca.
Dende “Foz,Plataforma de Futuro” nos facemos as seguintes preguntas: ¿Para que serviu ensinar o proxecto ós veciños e veciñas si ó final non vai a quedar como estaba proxectado?, ¿Cal é a diferencia económica de facer esta obra cos materiais do proxecto ós que van agora?, e sobre todo, ¿A onde van a ir para ese diñeiro que se vai aforrar?.
O resultado está á vista de todos, materiais de dudosa calidade, feos e escuros, sen apenas zonas verdes, un manto de cemento que vai a contribuir a un feismo tal que nos tememos que todo esta inversión tan grande e todas estas incomodidades que están a padecer veciñanza e comerciantes van a resultar un fracaso estrepitoso. Esperemos que se poida correxir en parte esta desfeita polo ben do noso pobo. Ademais de cortar árbores, non estaría mal que proxectase a plantación de algunha árbore nesta zona, que deña algo de sombra e contribúan a mellorar a calidade do aire, e non converta esta obra nun deserto de cemento desolador e pouco humanizador.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



