Ourol (Lugo), 18 de xullo de 2017.- A Consellería de Sanidade acometerá obras de mellora da accesibilidade e modernizará o recinto exterior do centro de saúde de Ourol, que incluirán desde a renovación do pavimento da actual zona de aparcamento e acceso peonil, ata a instalación de varandas e colocación de novos elementos de apoio para persoas con mobilidade reducida.
Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen indicou que desde a administración autonómica -en concreto a Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte- vén de efectuar un estudo de necesidades que, unha vez executadas, suporán unha renovación integral destes espazos de acceso empregados habitualmente polos usuarios do centro de saúde.
Está previsto que as actuacións se inicien despois do verán, con máis seguridade no último trimestre do ano. Ao obxecto de causar o menor prexuízo posible na actividade ordinaria do centro o prazo de execución dos traballos estableceuse en 4 semanas.
As obras incluirán tamén actuar sobre os revestimentos exteriores deteriorados polo paso do tempo, impulsando melloras estéticas que implican o pintado e a realización dun tratamento que evite o envellecemento prematuro e permita soportar con maior capacidade as inclemencias climatolóxicas. Tamén se construirá unha nova beirarrúa e distribución da zona axardinada.
O Goberno galego traballa por modernizar os servizos e mellorar a confort dos usuarios deste centro de saúde xunto ás condicións de traballo dos profesionais. Ao edifico, que alberga as consultas de atención primaria, se accede en ocasións con ambulancias, vehículos particulares, padiolas ou cadeiras de rodas que disporán dunha estrutura moito máis acaída para o seu uso.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



