Lugo, 18 de xullo de 2017.- As novas ferramentas postas en marcha polo Goberno galego -o bono e a oficina do autónomo- aspiran a facer de Galicia a comunidade con mellores apoios para este colectivo profesional.
Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no transcurso dunha rolda de prensa na que puxo en valor estas iniciativas autonómicas que farán que traballar por conta propia sexa cada vez menos difícil e con menos cargas administrativas.
Axudas de ata 3.000 euros
A primeira das medidas, o bono autónomo, aprobado recentemente polo Consello da Xunta beneficiará aos que queiran consolidar o seu negocio con axudas de ata 3.000 euros. O bono está destinado a aqueles traballadores por conta propia, cunha antigüidade mínima de 42 meses e unha facturación de máis de 12.000 euros, sempre que o seu rendemento neto non supere os 30.000 euros.
As axudas concederanse segundo orde de solicitude ás persoas que cumpran estes requisitos, que poderán dispoñer dun adianto do 100% da axuda. En total, a Xunta investirá 3 millóns de euros nesta medida.
Os beneficiarios do bono autónomo poderán optar por financiar diversos servizos, entre eles a mellora da xestión financeira, a captación de financiamento a optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación; posicionamento web, márketing, redefinición do modelo de negocio, identificación de posibles socios ou creación de redes de cooperación.
Ademais os autónomos disporán de servizos gratuítos de apoio, que prestará a Rede de Técnicos de Emprego ou do Igape.
Menos cargas burocráticas
A Xunta tamén impulsará a Oficina do Autónomo, unha xanela única virtual para que os autónomos poidan alixeirar ao máximo posible a carga de papelame. Esta Oficina está dispoñible a través da web oficinadoautonomo.gal, onde cada traballador por conta propia poderá coñecer o estado dos expedientes que teña abertos coa Administración galega, ademais de acceder a información de utilidade.
Balseiro destacou que estas dúas medidas forman parte dun catálogo moito máis amplo, o da Estratexia Autónomo 2020, para o que se ten previsto destinar 40 millóns de euros anuais ata 2020 a impulsar os autónomos nesta etapa de recuperación económica
O delegado territorial sinalou tamén que cando se coñeza a tarifa plana que aprobará o Goberno central ao abeiro da nova Lei de autónomos, o Goberno galego ampliará os beneficios dos traballadores por conta propia.
Balseiro rematou facendo tamén un balance dos pasos datos ata o de agora e así explicou que en 2016, o Goberno galego destinou a este colectivo, que suma preto de 37.700 membros só na provincia, máis de 2,3 millóns de euros. Desta cantidade, os emprendedores recibiron preto de 1,5 milllóns, 510.000 euros foron concedidos en axudas directas e 342.000 a través de préstamos e avais do IGAPE
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



