Lugo, 27 de xullo de 2017. Mañá comeza o 17º Ribeira Sacra, o primeiro festival internacional de música que ten a Ribeira Sacra grazas ao apoio do Goberno da Deputación, que é o principal patrocinador deste evento con 20.000 euros, dentro da súa aposta polo impulso turístico da zona. Celebrarase os días 28, 29 e 30 de xullo en espazos emblemáticos de Monforte de Lemos e Sober. O municipio monfortino achega 3.000 euros e facilita lugares gratuítos de acampanada. Tamén cede os espazos da celebración das actividades, ao igual que o Concello de Sober. Colaboran o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Xunta.
17º Ribeira Sacra combina a música de artistas nacionais e internacionais coa promoción patrimonial, natural, vitivinícola, gastronómica e económica dos establecementos da zona. Inclúe concertos no Miradoiro de Santiorxo, no Parador de Monforte, no embarcadoiro de Doade ou nas bodegas, entre outros; así como visitas guiadas, roteiros, catas de viño e degustacións de produtos autóctonos. Facilítanse espazos gratuítos de acampada na cidade do Cabe.
Programación
Venres 28 de xullo
– Ás 16:00 horas abrirase o cámping e as billeteiras
– Ás 18:00 horas no Miradoiro de Santiorxo, terá lugar o Concerto de Néstor Pardo.
Sábado 29 de xullo
– Ás 12:00 horas no embarcadoiro de Doade actuará a artista Virginia Maestro.
– Ás 12:30 horas na bodega Rectoral de Amandi celebrarase o concerto de Ángel Stanich.
– Ás 14:00 horas nas bodegas Regina Varium, terá lugar a actuación de Os amigos dos músicos.
– Ás 16:30 horas no embarcadoiro de Doade actuará a artista Virginia Maestro.
– Ás 17:00 horas na bodega Adega Algueira terá lugar o concerto do grupo The Wellgreen.
– Ás 18:00 horas na Igrexa de San Xulián de Lobios actuará a banda de jazz Sumrrá.
– Ás 19:00 horas nas bodegas Regina Viarum celebrarase o concerto do estadounidense M. Ward.
– A partir das 20:30 horas no Parador de Monforte de Lemos comezarán os concertos de Iván Ferreiro, The Magic Numbers, Novedades Carminha, entre outros.
Domingo 30 de xullo
– Ás 14:00 horas nas bodegas Regina Viarum actuará a banda galega Best Boy. Á mesma hora nas bodegas Reitoral de Gundivós, haberá un xantar co concerto de Germán Díaz.
– Ás 17:00 horas no embarcadoiro de Doade terá lugar a festa de clausura.
Máis actividades
O festival 17º Ribeira Sacra contará con visitas guiadas e roteiros, totalmente gratuítos, aos Concellos de Monforte de Lemos e Sober, e catas de viños en bodegas da zona, como as de Rectoral de Amandi, Regina Varium, Reitoral de Gundivós, e Adega Algueira. Ademais, haberá food trucks con propostas de xantar diversas como comida de autor, tradicional, sen glute ou vegana, e unha ampla programación musical, con artistas nacionais e internacionais como Iván Ferreiro, Novedades Carminha, The Magic Numbers ou Virginia Maestro, entre outros.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



