O foro de pensamento renovador OBenComún lanza o seu 4º titulo do seu selo editorial. “[Re]Pensar a Democracia” volve a ser unha obra coral, ao igual que o anterior titulo “Ecoloxismo Político: Olladas desde Galicia”, adicado as cuestións relacionadas coa reinterpretación da democracia en clave de radicalidade participativa e rexeneración ética. Este venres 28 de xullo ás 20,30 horas, na Libraría Casa das Letras de Ribadeo, estarán ademais de dous dos autores (Xoán Hermida e Luís Villares) a activista de En Marea Ica López.


![Luís Villares e Xoán Hermida presentan este venres na libraría Casa das Letras o libro [Re]pensar a democracia](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2017/07/P1040568.jpg)
![Luís Villares e Xoán Hermida presentan este venres na libraría Casa das Letras o libro [Re]pensar a democracia](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2017/07/Galpom2.jpg)


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



