Mondoñedo, 5 de xullo de 2017 .- O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Servizos, Urbanismo e Obras, pon en marcha un plan de mellora e renovación integral dos contedores de residuos do casco urbano e do rural. Os traballos de substitución de contedores estanse a levar a cabo durante o servizo de recollida nocturna do lixo, para cuxo plan de renovación a administración local dispón de 150 novos colectores tanto de residuos orgánicos como de plásticos, rotulados co logo do Concello.
En concreto, este plan de renovación estase a desenvolver en primeiro lugar no casco urbano para de xeito progresivo actuar en todos os puntos afectados, tanto do centro como das zonas rurais e que, deste xeito, se proceda a substitución de todos os contedores deteriorados e se acometa unha mellora integral dos cubos de lixo.
Dun xeito máis preciso, dende o Goberno local explican que este plan de renovación inclúe tanto a substitución dos contedores deteriorados, para o que se dispón de 100 contedores novos verdes e doutros 50 amarelos; como a limpeza dos que se atopan nun mellor estado de conservación e, polo tanto, reúnen as condicións para prestar o servizo de almacenaxe de residuos en condicións.
A substitución dos contedores responde a un compromiso acadado coa adxudicataria, a empresa Servizos dos Concellos Galegos S.L.U., tras a externalización do servizo, que tivo moi boa acollida polo Goberno local ao implicar non só unha mellora no uso dos contedores, senón que tamén afectará de xeito moi positivo á estética da cidade.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



