Mondoñedo, 13 de xullo de 2017 .- O Concello de Mondoñedo reforza a Oficina de Turismo coa contratación dun técnico de información turística ao abeiro dunha subvención da Xunta de Galicia, que realizará labores de difusión e promoción turística ata o vindeiro 15 de setembro, o que permitirá ofrecer unha mellor resposta ao visitante durante os meses de maior afluencia de turistas.
Deste xeito, o Goberno local continúa a potenciar a oficina de turismo, que está aberta durante todo o ano de domingo a luns, sendo unha das de referencia da Mariña. Reforzouse xa no ano 2016 ademais de cun contrato a tempo completo para o verán, cunha persoa a tempo parcial para todo o ano. E desde marzo de 2017 o Concello contratou, -a través do plan DepuEmprego-, a unha axente de desenvolvemento turístico coa acreditación de Guía Oficial de Turismo, que ademais de prestar atención ao público, traballa nas labores de xestión de promoción do destino. Pola súa banda, a través do Voluntariado Cultural, cóntase coa colaboración puntual dos voluntarios na organización de eventos ou información turística.
Xestión turística do Concello
A alcaldesa da localidade, Elena Candia, tamén anunciou que dende o Concello se continúan a poñer en marcha accións dirixidas a promocionar os recursos locais. Así, a rexedora explicou que se “están a facer visitas a todos os hoteis da zona para dar a coñecer os nosos recursos como son a Cova do Rei Cintolo, a Catedral e mesmo os talleres de artesanía dos Muíños, entre moitos outros potenciais”. Ademais, engadiu, “estamos implicados co sector e neste senso estamos en contacto cos titulares das vivendas para uso turístico”.
Deste xeito, o Goberno que preside Elena Candia continúa a desenvolver accións no eido turístico, sendo un dos eixos fundamentais da actual xestión turística do Concello, “a comunicación de destino para dar a coñecer Mondoñedo como destino esencial da oferta turística en Galicia”, explica a rexedora. Neste eido, no ano 2016, presentouse en FITUR a nova imaxe de Mondoñedo “Mondoñedo, é” . Con esta imaxe estase a traballar na promoción do destino a través da publicidade (flyers, manteis para hostalería, mapas en galego-español e inglés-frances.), das relacións públicas (notas de prensa, colaboración con fundacións e asociacións como a Fundación International Solidarity for Human Rights); así como da súa utilización en presentacións, patrocinios, fam-trips ou a participación en feiras, entre outras.
A alcaldesa tamén destacou a visita de diferentes blogg-trips de relevancia no panorama español (Diego Pons, mochilerostv.com, lacosmopolilla, DEMIKU, Galicia en Pie…), que o Concello de Mondoñedo promoveu durante o ano 2017 e que tiveron como obxectivo fundamental favorecer a comunicación do destino a través das redes sociais para captar novos visitantes.
Plan de sinalización
No que refire ao eido das accións de mellora do destino, no ano 2016 o Concello desenvolveu un plan de sinalización do centro histórico, que mellorou substancialmente a mobilidade peonil no centro histórico e favoreceu a promoción de todos os seus recursos. Neste ano, está previsto sinalizar recursos vinculados ao Camiño de Santiago Norte.
Ademais, co obxectivo de mellorar o tempo de permanencia en destino, o Concello está incrementando á oferta de atractivos, con proxectos como os Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro na praza da Catedral e a Casa dos Coengos que podería acoller o Museo da Imprenta. Estase tamén a traballar na reactivación do proxecto de Artesanía do Barrio dos Muíños que ampliará a oferta de obradoiros visitables no verán de 2017 incorporándose ao proxecto un renovado alfar e mais un artista da forxa.
Incremento do número de visitantes
O número de turistas e de visitantes que recibe Mondoñedo segue a incrementarse con respecto ás cifras de anos pasados. Os datos recollidos pola oficina de turismo da localidade corroboran a tendencia á alza que está a conseguir o turismo na cidade. Así, en canto á demanda de visitantes, segundo os datos recollidos pola oficina de turismo, no ano 2016 deuse un lixeiro incremento das cifras con respecto ao ano anterior, mentres que os datos acumulados do ano 2017 amosan incrementos excepcionais que roldan o 100% en todas as tipoloxías de visitantes destacando o incremento de peregrinos e grupos.
Ademais, segundo o balance da oficina de turismo, no período 2015-2016, e asemella xa ser tendencia no 2017, obsérvase unha mellora na situación de estacionalidade propia do destino xa que o número de visitantes estase a incrementar nos meses de tempada media e baixa. Tamén se aprecia un incremento no número de viaxeiros estranxeiros en todas as categorías (peregrinos, familias e grupos) e un incremento xeral na tipoloxía de grupos.
Os grupos son unha das prioridades da actual xestión turística promovida polo Goberno local, o que os levou a establecer convenios e colaboración con universidades, empresas e axencias de viaxes, entre outras entidades, xerando proxectos como é o da Mariña Activa. Ademais, de ser requirido, a oficina de turismo fai labores de receptivo cos grupos que xa sexan axencias de viaxes, asociacións, ou colexios, entre outros, apoiando a organización das visitas e prestando servizos de guía ou acompañamento. Neste senso, nos últimos meses atendéronse as necesidades de máis de cincuenta grupos e prestáronse servizos de guía a case mil persoas.
A alcaldesa valora de xeito moi positivo estes datos que hoxe adiantou o Goberno local ao amosar que se “está a seguir o camiño correcto e a traballar nunha boa dirección que permita obter bos resultados a nivel turístico e converter Mondoñedo nun destino esencial da oferta turística de Galicia”.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



