Viveiro 17-7-17. Tras a finalización do curso académico 2016-2017, quérese facer balance do servizo de bonobús que este concello vén prestando, en colaboración coa empresa Arriva, co obxectivo de ofrecer un servizo de transporte máis eficiente e de menor custe para os veciños deste municipio que se desprazan a Xove, San Cibrao, Burela, Lugo, A Coruña e Santiago para realizar os seus estudos.
Ao abeiro deste convenio, durante o pasado curso 2016-2017 establecéronse buses directos que ían dende Viveiro cara a Lugo, A Coruña e Santiago os domingos ou fin de ponte en temporada escolar e que viñan dende esas cidades ata Viveiro os venres, acurtándose significativamente a duración das viaxes.
Cómpre destacar a elevada demanda deste servizo, do que se benefician 99 estudantes; destes, 32 desprázanse a Santiago; 29, á Coruña; 6, a Lugo; 21, a Burela; 9, a Xove; e 2, a San Cibrao.
Ademais das xestións realizadas para mellorar a calidade do servizo, o Concello asumiu un importante compromiso económico financiando a metade do importe de cada viaxe e, deste xeito, o prezo final a abonar por parte dos usuarios viuse reducido de forma considerable. Dende o inicio do curso escolar, en setembro de 2016, e ata o día de hoxe, este servizo tivo un custe de 13.016,99 €.
Na mesma liña, cómpre facer referencia ao servizo de transporte escolar gratuíto, para desprazarse a Xove, San Cibrao e Burela, que empregan os estudantes de Viveiro que cursan estudos de Formación Profesional ou Bacharelato nalgún centro deses municipios. Neste curso foron 32 os estudantes que o empregaron a diario para desprazarse ás localidades onde cursan os seus estudos. Dende o inicio do curso escolar, en setembro de 2016, e ata o día de hoxe, este servizo tivo un custe de 15.048 €.
Por outro lado, ante o inicio dun novo curso escolar, quérese lembrar que a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Viveiro continúa ofrecendo o servizo de orientación académica para os mozos e mozas que o vindeiro curso inician estudos de FP, Grao Universitario ou ensinanzas artísticas.
Ofrécese un servizo integral de información acerca dos requisitos de acceso, prazos de preinscrición e matrícula nas distintas ensinanzas, solicitude de residencias públicas ou bolsas de estudos, entre outras cuestións; así mesmo, realízanselles, aos mozos que así o demandan, todos estes trámites e resólvense as dúbidas formuladas sobre estas ou outras cuestións.
Os mozos e mozas son atendidos presencialmente, na OMIX, de 10.30 a 14.00 horas e tamén poden consultar as súas inquedanzas no correo xuventudeviveiro@gmail.com






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



