Burela, a 31 de xullo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) denunciou hoxe “o impresentable estado no que se atopaban os servicios hixiénicos da área recreativa do Monte Castelo nos primeiros días da romaría”.
Os populares indican que “concretamente, os servicios hixiénicos situados ó leste da área recreativa eran os que estaban en peor estado, xa que presentaban un aspecto de descuido, con restos de desperdicios, restos vexetáis, etc., e mesmo sen subministro eléctrico”.
Desde o GMP fan constar que “antes, como norma xeral, os servicios hixiénicos eran limpados a fondo con antelación suficiente, e se procedía a unha revisión dos mesmos, tanto no que se refire a funcionamento coma a danos existentes nos mesmos, para poder telos en condicións óptimas no inicio da Romaría, que como sabemos concentra un bón número de romeiros. Pois ben, co goberno socialista parece que non todo está como eles nos queren vender, parece que non é ouro todo o que reloce, xa que poidemos constatar que esa limpeza e mantemento non se efectou en tempo e forma”.
Os edís populares pídenlle ó goberno municipal que “se deixe de propaganda, e se centre no traballo que tén que facer, e en facelo como se merece a cidadanía de Burela”.
