Lugo, 13 de xullo de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Xermade, Roberto García, supervisaron estes xoves as melloras de 100.000 euros, que leva a cabo o Goberno Provincial na LU-P-6513 dende Vilalba a Camposo de Foxo de Penamaior e rampa a Xermade. É unha vía de comunicación prioritaria na Terra Chá, pois une os Concellos vilalbés e xermadés, esta zona da comarca chairega coa A-6 a través de Momán e Guitiriz, así como coa Mariña mediante a estrada de Cabreiros a Momán, que é da Xunta de Galicia e está sen arranxar, aínda as reiteradas peticións veciñais.
Campos e García, acompañado polo Deputado do Goberno Provincial pola Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, explicaron que os traballos que executa o Executivo Provincial realízanse nun treito de 3 quilómetros, dende o 10,200 ao 13,200. Estes consisten na limpeza de cunetas, no aglomerado en quente do firme e no incremento da sinalización. Con estas actuacións, o Goberno da Deputación cumpre “con feitos” a palabra dada aos veciños da zona, que solicitaban o arranxo desta vía.
O Presidente e o Alcalde remarcaron a importancia da mellora desta estrada, que empregan a cotío, cando menos, veciños de Xermade e Vilalba, así como centos de cidadáns do interior da Terra Chá para coller a A-6. “Podería ser tamén un enlace desta zona chairega coa Mariña se o Goberno galego cumprise coa peticións veciñais e arranxase a estrada de Cabreiros a Momán, que é de titularidade da Xunta de Galicia”.
“Dobre xogo”
“O acontecido nesta vía é un claro exemplo do dobre xogo do PP, pois no Concello de Xermade e na Deputación de Lugo, onde son oposición, aseguran que apoian o arranxo desta estrada, sen embargo na Xunta de Galicia, onde gobernan, néganse a investir na súa mellora. O Partido Popular tenta enganar aos veciños, facendo ver que non son do mesmo partido o equipo nas institucións, rexeitándose a eles mesmos”, apuntou Campos Conde.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



