Celeiro-Viveiro, 10 de xullo de 2017.- Tras a presentación oficial do proxecto de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias” o pasado xoves 6, os primeiros encontros de traballo comezarán pasado mañá coa celebración da primeira mesa de traballo sectorial á que seguirán dúas máis. Terán lugar en Viveiro, Miño e Ortigueira e ás mesmas están convocados representantes da administración, do tecido asociativo e empresarial dos 23 concellos participantes nesta iniciativa.
O obxectivo destes encontros cos axentes do sector é decidir que recursos naturais e culturais relacionados co mar, e que conten con atractivo turístico, se incluirán nos 10 paquetes experienciais que resultarán deste proxecto de turismo mariñeiro.
Calendario de mesas de traballo transversal:
• Mércores 12 de xullo ás 10.00h, Salón Multiusos do Concello de Viveiro.
• Martes, 18 de xullo ás 10.30h, na Casa do Pescador do Concello de Miño.
• Mércores, 19 de xullo ás 10.30h, no Teatro da Beneficencia ou no Centro de San Roque (Concello de Ortigueira).
Esta iniciativa terá como resultado a creación de 10 experiencias turísticas (5 por cada GALP) ao longo de 384 kilómetros da Galicia máis septentrional, a cuarta parte da costa galega. Tamén se formará á poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados co mar e co turismo para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca e a fixación de poboación nova.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



