Viveiro a 18 de xullo de 2017. Na comisión informativa de economía celebraba onte 17 de xullo para tratar o orzamento 2017, o noso grupo presentou ata 11 propostas para tentar de mellorar os presupostos, uns presupostos que chegan tarde e arrastro, xa que tiñan que estar aprobados antes do 31 de decembro de 2016 e, para non variar, chegan con sete meses de retraso.
No caso de que se aproben serían uns presupostos para catro meses, si temos en contas os plazos de exposición e resolución de posibles reclamacións que é aproximadamente de un mes e medio. Non obstante o noso grupo presenta estas propostas co animo de mellorar algo que é moi mellorable,
As nosas propostas son:
1.Cubrir as 6 plazas vacantes da Policía Local que figuran na relación de postos de traballo.
2.Cubrir a plaza de electricista dun xeito definitivo, xa que agora mesmo está cuberta dun modo eventual por un periodo de seis meses.
3.Baixada do IBI para o 2018 reducindo o multiplicador local do 0,72 a un coeficiente menor, máxime tendo en conta o incremento recaudatorio como consecuencia da revisión catastral aplicada en exercicios pasados. O PP de Viveiro xa o propuxera para o 2017, nunha moción presentada en marzo 2015 e que fora aprobada no seu momento por unanimidade .
4.Elaboración dun Plan Plurianual, coa suficiente dotación orzamentaria, que de solución definitiva ás roturas das traídas da auga das distintas parroquias, dándolle prioridade a canalización de Xunqueira ata Landrove e que ven dando problemas dende fai anos.
5.Dotación económica para impulsar un plan municipal de apoio á natalidade.
6.Creación da Comisión para a elaboración duns criterios obxectivos para adxudicar as axudas deportivas e culturais, tal e como se aprobou en outubro do 2014 e por unanimidade, a raíz dunha moción presentada polo PP.
7.No capítulo de inversións, elaborar un Plan de conservación e mantemento de pistas nas parroquias, que poderá facerse ó 50% a través dun convenio entre o Concello e as comunidades de Montes.
8.En inversións, facilitar o acceso a internet de alta velocidade nas parroquias.
9.Dotación económica para iniciar o plan plurianual de saneamento nas distintas parroquias que o necesitan, cumplindo así o aprobado na moción presentada polo noso grupo no pleno do 3 de maio de 2017.
1o.Ampliación do Plan de sinalización de rutas de senderismo, puntos de interese histórico, natural, turístico…
11.Crear unha partida para a creación dun vivero de empresas, facilitando ós novos emprendedores un local e todo o necesario para o seu funcionamento.
12. Revisión dos complementos de productividade que se reparten dun xeito pouco obxectivo, e os aproximadamente 16.000 euros que se pagan por este concepto, adicalos a inversións.
O sentido do noso voto no Pleno do Presupostos 2017, virá marcado pola resposta que se nos de sobre as mesmas, agardando que se teñan en conta a maior parte das mesmas
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



