Ribadeo, 13 de xullo de 2017. Sesenta rapaces chegados de Murcia, La Rioja, País Vasco, Asturias ou Galicia participan no campus de balonmán que se desenvolve en Ribadeo ata o vindeiro domingo e no que se dan cita xogadores da selección española de balonmán. Con eles estiveron nas últimas horas o concelleiro de Deportes, David Rivas, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Os rapaces están a combinar adestramentos nas instalacións deportivas de Ribadeo con outros na praia, ademais de facer visitas a areais ou paseos pola ría.
Onte, martes, visitou o campus Julen Aguinagalde, mellor pivote do mundo, internacional absoluto coa selección española de balonmán desde o 2006, foi campión do mundo en 2013 e subcampión de Europa en 2016. En Ribadeo estivo tamén Jota González, adestrador do Naturhouse La Rioja, da liga Asobal de balonmán e o seleccionador español de promesas.
E aquí seguen Gurutz Aguinagalde, porteiro do Naturhouse La Rioja, que debutou coa selección este mesmo ano. Gurutz é irmán de Julen. E Rubén Garabaya, pivote do Naturhouse La Rioja, internacional coa selección española, foi campión do mundo e bronce olímpico.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
