A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o sábado día 22 a Ruta Nocturna de San Cibrao a Burela de 9 quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 22,00 h. da Estación de Autobuses de Burela e ó chegar a San Cibrao voltaraSE andando ata Burela onde haberá ó remate chocolate con churros na Heladería Yöglio, totalmente gratuíto para todos os que fagan a ruta. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 20.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



