Mondoñedo, 03 de agosto de 2017 .- As instalacións da Casa da Xuventude de Mondoñedo acollerán o 4 e 5 de setembro a celebración do curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, que se desenvolverá baixo o titulo de ‘O futuro do patrimonio cultural: o caso da cidade de Mondoñedo”.
O Concello de Mondoñedo colabora con este programa estival de formación e divulgación científica, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e dirixido polos profesores da USC na Facultade de Humanidades do Campus Terra, Gonzalo Francisco Fernández Suárez e Ana Goy Diz.
Durante o acto de presentación deste seminario da Universidade de Verán da USC, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, expresou que “a cultura é patrimonio e a nosa cidade conta cun moi rico patrimonio cultural, tanto artístico, como histórico, documental, arquitectónico, como arqueolóxico, sendo necesario a promoción de todo tipo de iniciativas dirixidas ao seu estudo, análise, conservación e permanencia como bens de identidade cultural”.
Así, a rexedora engadiu que este curso “permitirá afondar nas características do rico patrimonio mindoniense creando un foro de debate no que tamén reflexionaremos sobre o seu futuro• É moi necesario conservar e manter todo o que forma parte da identidade dos mindonienses e dende as administracións temos a responsabilidade de coordinar accións con esta finalidade. A través deste curso e dos expertos que participarán sacaremos conclusións que teremos en conta dende o Concello de Mondoñedo”.
Prazo de matrícula
As persoas interesadas terán de prazo para inscribirse ata o vindeiro 25 de agosto, podendo formalizar a matricula a través da páxina web da Universidade de Verán da USC 2017 ( http://www.usc.es/gl/servizos/cultura//veran), onde é posible obter toda a información respecto do programa deste seminario. Os que o desexen tamén poden ler sobre o curso nas distintas redes sociais da facultade de Humanidades e do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
O curso de verán ‘O futuro do patrimonio cultural: o caso da cidade de Mondoñedo’ estrutúrase en 21 horas lectivas e está aberto á participación dun máximo de 60 persoas, que terán como recoñecemento o correspondente diploma acreditativo ademais dun crédito.
Obxectivos do seminario estival
Este seminario estival nace cuns obxectivos moi amplos centrados en analizar o patrimonio cultural da cidade de Mondoñedo, contemplado dende diferentes ópticas, como son o patrimonio histórico, o artístico e o documental.
Ademais, no marco deste curso tamén se reflexionará sobre as oportunidades, fortalezas, debilidades e ameazas do patrimonio cultural derivadas da declaración do Camiño Norte como patrimonio da humanidade.
De igual xeito, neste foro ofreceranse relatorios sobre a dimensión histórica da cidade e antiga provincia de Mondoñedo e o seu impacto nas manifestacións culturais actuais; ao igual que se analizará a situación do patrimonio documental municipal mindoniense e a súa posta en valor e difusión mediante diversas estratexias así como a situación do patrimonio artístico e o seu valor como factor de desenvolvemento económico.
Programa
O curso inaugurarase o luns, 4 de setembro, ás nove da mañá, á cargo da alcaldesa de Mondoñedo e dos directores do seminario. O programa desenvolverase en tres grandes bloques (patrimonio artístico, patrimonio histórico e patrimonio documental) a través da participación dunha ducia de relatores.
Luns, 4 de setembro
Bloque I:O Patrimonio Artístico
9:30-10:15.- Mondoñedo e o mindoniense, camiño de Santiago. José Manuel García Iglesias, profesor da USC
10:30-11:15.- Un patrimonio esquecido: un apostolado na catedral de Mondoñedo. Juan Manuel Monterroso Montero, profesor da USC.
11:45-12:30.- A catedral de Mondoñedo, peza angular do patrimonio urbán. Ana Goy Diz, profesora da USC.
12:30-13:15.- A arte da pratería en Mondoñedo. Diana Duo Rámila, doutora en Historia da Arte.
Bloque II: O patrimonio histórico
16:00-16:45.- Protohistoria e romanización no val de Mondoñedo. Abel Vigo García. Arqueólogo municipal no Concello de Mondoñedo.
16:45-17:30.- A paisaxe histórica: investigación, protección e posta en valor. Carlos Baliñas Pérez, profesor da USC.
17:30-18:15.- O viño no Mondoñedo medieval: negocio, patrimonio e cultura. Carlos Andrés Glez. Paz. Investigador do Instituto de Estudos Galegos.
18:15-19:00.- A cidade de Mondoñedo e a súa provincia nos séculos XVI-XVIII. Pegerto Saavedra Fernández. Profesor da USC.
19:00-19:45.- Patrimonio e educación: unha parella obrigada a entenderse. Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC.
Martes, 5 de setembro
Bloque III: O patrimonio documental
10:00-10:45. Patrimonio documental galego: xestión, protección e difusión. Marina García Pita, Subdirección Xeral de Arquivos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
10:45-11:30.- O Patrimonio documental municipal galego: a identidade das nosas cidades. María de la O Suárez Rodríguez. Directora do Arquivo Municipal de A Coruña.
12:00 a 13:45.- O Arquivo Histórico Provincial de Lugo e o patrimonio documental. María Dolores Pereira Oliveira. Directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



