Nestes tempos de revisionismo historiográfico e post-verdade cómpre lembrar algunhas cousas certas. Como que a adquisición do pazo de Meirás para llelo doar ao ditador Franco non foi por suscrición voluntaria, senón por vías de forza e coactivas. No 1937 constituiuse unha comisión “Pro Pazo del Caudillo”, integrada polo Gobernador Civil e outros xerarcas franquistas e forzas vivas para mercarlle o pazo á súa propietaria e aquelalo consonte cos requisitos dunha grande residencia de luxo. A todos os empregados públicos e de moitas empresas privadas lles foi efectuado á forza un desconto salarial, normalmente dun día de soldo.
Mentres, esa comisión dirixíase aos alcaldes para lles instar a constituir comités locais de recadación, adoito sinalándolles a cantidade estimada que habería cobrir o concello. Comités que visitaban aos veciños para lles pedir a súa achega. Comprenderán vostedes o grao de liberdade, no medio do terror da guerra civil, que tiñan os veciños para rexeitar tan amábel oferta. O traballo completouse coa expropiación, a prezo baixísimo, das catro hectáreas de boas terras agrarias dos veciños de Meirás que circundaban o Pazo.
Nos nosos tempos, cómpre lembrar que non foi Feijóo quen abriu o pazo ás visitas (como ven de dicir), senón a conselleira nacionalista Ánxela Bugallo, que declarou ben de interese cultural (BIC) o pazo no 2008. Feijóo só executou, no 2011, a sentenza xudicial definitiva que confirmou a decisión do bipartito. Unha volta máis Feijóo e post-verdade son realidades que camiñan xuntas.
Canto á familia do ditador, son perfectamente conscientes da ilegalidade e ilexitimidade de orixe desta propiedade. Opuxéronse á declaración do pazo como BIC e ás visitas públicas até chegar ao mesmo Tribunal Supremo. Agora, nun claro aceno de provocación, conveniaron estas visitas cunha Fundación Francisco Franco que teima en defender os valores antidemocráticos, facendo apoloxía da ditadura franquista . Nunca dixeron verba ningunha de piedade ou compaixón e menos desculpa ou arrepentimento a respecto dos crimes, abusos e despoxos patrimoniais causados polo réxime que instaurou e dirixiu o seu pai e abó con mán de ferro. Sonlles, miñas donas e meus señores, os okupas de Meirás.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



