Santiago de Compostela, a 2 de agosto de 2017. A Federación de Saúde da CIG cualificou como “unha nova tomadura de pelo” a reunión extraordinaria da Mesa Sectorial que tivo lugar este mércores 2 de agosto, xa que na mesma a Consellaría negouse a abordar a negociación dun calendario de recuperación dos acordos salariais e laborais suspendidos. CIG-Saúde denuncia que as e os traballadores do Sergas “están a ser a man de obra barata deste Goberno” e esixe da Xunta que os orzamentos para 2018 “sexan tamén os orzamentos da recuperación dos dereitos roubados ao persoal da sanidade pública”.
A Mesa Sectorial tivo lugar despois das numerosas solicitudes trasladadas polas organizacións con representación na mesma (CIG-Saúde, CCOO, CSIF, SATSE e UGT) ao longo do mes xullo, co obxectivo de negociar un calendario para recuperar os acordos retributivos suspendidos, e que teña o seu reflexo nos orzamentos da Xunta que o Goberno de Feijoo está a elaborar para o vindeiro ano. Diante da negativa da Consellaría, as organizacións sindicais xa adiantaron que iniciarán un calendario de mobilizacións en defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras do sector.
Retribucións inferiores
A Secretaria Nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembra que o persoal do SERGAS percibe un complemento específico (destinado a retribuír as condicións particulares dos postos de traballo pola súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade ou penosidade) nunha contía inferior á que cobran o resto de traballadoras/es públicos. Esta situación discriminatoria está recoñecida pola propia administración, “que, aínda así, se nega a equipar as nosas retribucións porque, segundo os seus argumentos, temos uns niveis superiores e porque, supostamente, xa temos carreira profesional”.
Dúas cuestións que, explica Abuín, non son certas. De feito, sinala, a carreira tamén está paralizada e, segundo os datos da CIG, “menos do 40% do persoal do SERGAS cobra algún grao de carreira”, pois o persoal fixo incorporado tras as OPEs 2006, 2008/09, 2012, 2013, 2014, 2015, e 2016 e o persoal interino e eventual non cobra a carreira profesional “e nin sequera todo o persoal fixo anterior ao ano 2006 ten o 3º ou 4º grao de carreira, pois moitas/os traballadoras/es só teñen 1º ou 2º grao”.
Xunto a isto, as/os traballadoras/es do SERGAS son as e os únicos empregados públicos aos que se lles esixe presentar o parte de Incapacidade Temporal desde o 1º día, polo que “os tres primeiros días dunha IT o noso salario sufre unha diminución do 50%. Esta medida non se lles aplica ao resto de empregados/as públicos”, sinala.
“Segundo o Presidente da Xunta este é o segundo ano da recuperación económica, pero mentres nos orzamentos de 2016 o Goberno do PP incluíu un incremento salarial para altos cargos do 7.5% e do 7 %, o persoal da sanidade seguimos cos soldos conxelados. Non podemos consentir que nos sigan a rouban os nosos salarios e as nosas condicións laborais. Esiximos a negociación dun calendario de recuperación salarial e que os orzamentos de 2018 tamén sexan os orzamentos da recuperación do persoal do SERGAS”, asevera a Secretaria Nacional da CIG-Saúde.
A este respecto, salientou que persoal do SERGAS está á cola das retribución dos servizos de saúde do estado español e malia os recortes materiais e humanos aplicados polo PP nos últimos anos, as traballadores e os traballadores fixeron un enorme esforzo para garantir a máxima calidade na atención da sanidade pública.

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



