Foz, 7 de agosto de 2017. Mañá, martes, día 8, dará comezo en Foz o programa de actividades con motivo da celebración das festas de San Lourenzo, que se prolongarán ata o domingo 13. Serán pregoadas por Jesús J. Oroza Vila mañá ás 20 horas na Casa da Cultura. Ademais dos días 21 ao 26 deste mes haberá teatro ao aire libre e entre o 18 e o 20 celebrarase a Feira do Libro.
O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo, anunciou hoxe que “en plena temporada estival e co pobo ateigado de xente metémonos xa de cheo nas festas patronais do San Lourenzo. Esta semana dende o martes, día 8, e ata o domingo, día 13, haberá actuacións de todo tipo. Os días principais que son o día 9 e o día 10, teremos o día 9 ás orquestras Los Satélites e New York, e o día 10 a Gran Parada, que dará paso ás doce da noite á sesión de fogos artificiais na praia da Rapadoira, que é unha das atraccións máis importantes destas festas”.
O responsable de Cultura focense engade que “do luns 21 ata o sábado 26 teremos teatro ao aire libre no patio do colexio Número 1. Todas as obras serán ás dez da noite e participarán as compañías de O Centiño, de San Martiño; O Bordelo de Cervo; O Batán de Cangas; O Torques, de Burela; A Adala, de Fazouro; e Axóuxeres, de Vilaronte”.
Ánxel Paleo comentou ademais que “dende o venres 18 ata o domingo 20 na praza Conde Fontao terá lugar a Feira do Libro. Tamén teremos no Cenima dúas exposicións: ata o día 14 unha mostra de pintura de Alberto Blanco Suárez e Félix Luis Díaz Rodríguez e do 16 ao 30 de agosto unha exposición colectiva de artistas ponteses”.
O edil de Cultura espera que “esta actividade sexa do agrado de todos e que pasen unhas felices festas”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



