Ribadeo, 7 de agosto de 2017. O vindeiro sábado, 12 de agosto, vaise celebrar a décimo cuarta edición da Festa do Percebe de Rinlo. O evento foi presentado este mediodía nese peirao.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que “este vindeiro sábado, día 12 de agosto, volve a Ribadeo, particularmente volve a Rinlo, esta parroquia pequena, pero tan marabillosa que temos aquí en Ribadeo, a Festa do Percebe de Rinlo. Este evento que creamos hai uns anos, pero que está absolutamente consolidado e que é unha referencia de moitísima xente tanto de Rinlo, de Ribadeo e de moitos quilómetros á redonda, que non queren perder este evento de exaltación do percebe, e sobre todo de exaltación de Rinlo, esta parroquia pequeniña, pero dinámica ao mesmo tempo”.
O rexedor salientou que “a agrupación de percebeiras, que pertence á confraría de pescadores de Ribadeo, están afanadas traballando e apañando o percebe nestes últimos días nos que as mareas non son demasiado grandes, e nos que o mar que arrecia fortemente, pero están facendo todo o posible para ter todo canto percebe poidan vender e ofrecer ao público durante toda a xornada deste sábado 12. Será ao prezo do ano anterior, 13 euros a ración”.
Fernando Suárez quixo “convidar tanto desde a agrupación de percebeiras como desde o Concello de Ribadeo, desde a área de Turismo especialmente, a todas aquelas persoas que se pasen pola Mariña que non deixen de vir a Rinlo a degustar os percebes, que non deixen de participar nun dos eventos máis bonitos e fermosos de toda a tempada estival na Mariña de Lugo”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



