1-8-17.Burela 1-Alvaro López Jr. proclamouse campión absoluto do III Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial Jose Luís Yebra ao derrotar nun interesante partido a Ivan Fanego por 6-1 e 7-6.
Alvaro despregou un espectacular primeiro set que se adxudicou por un claro 6-1 en menos de media hora. No segundo iguálanse moito máis as cousas e con intensos peloteos chégase a un apertado 5-4 e saque para Alvaro, pero Ivan consegue colocarse 6-5 e finalmente chégase ao Tie Breack que se adxudica Alvaro e por tanto o partido e o Torneo.
Na Final de consolación individual masculina, Jose María impúxose a Marful en tres sets 7-6, 2-6 e 6-4.
Con estes resultados o cadro de honra do Torneo queda como segue:
Categoría Dobres Masculino:
-Subcampións: Borja-Ruben
-Campións: Alvaro e Alvaro Jr.
Categoría Individual Feminino:
-Subcampioa: Rosalía Veiga
-Campioa: Paula Cabaleiro
Categoría Individual Masculino:
-Campión Consolación: Jose María Perez
-Subcampión: Ivan Fanego
-Campión: Alvaro López Jr.
O Torneo que é o Terceiro Memorial Jose Luís Yebra, organizado polo Club de Tenis-Padel A Marosa coa Colaboración do Concello de Burela pechouse despois da Final Individual coa entrega de Trofeos aos gañadores e a entrega dun detalle como recordo do evento á Familia do homenaxeado Jose Luís Yebra co que se pechou a terceira edición do Torneo.