Ribadeo, 31 de xullo de 2017. Dende este martes 1 de agosto, e ata o 30 de setembro, levaranse a cabo por terceira vez as Xeorutas en Ribadeo, que se encadrarán dentro do proxecto denominado Arcos e Cantís, realizado en colaboración cos Concellos de Burela e Cedeira, e que ten como obxectivo principal un turismo diferenciado empregando a xeodiversidade do territorio como fío condutor.
Segundo explica a concelleira de Turismo, Ana Martínez, “estas Xeorutas se presentan como itinerarios interpretativos e informativos sobre a riqueza xeolóxica e sobre o patrimonio natural presente na costa de Ribadeo. O que busca é redescubrir e valorizar o noso patrimonio natural a través da súa interpretación e coñecemento promovendo así como cambio actitudinais fronte a súa conservación, aquilo que moitas veces se dí é necesario coñecer para conservar”.
A edil nacionalista subliña que “con esta acción o Concello tamén busca ofrecer novas experiencias que permitan diversificar a oferta turística así como diversificar no espazo e no tempo o fluxo de visitantes que chega á praia das Catedrais”.
As xeorutas ofrecerán dous itinerarios, un que se desenvolverá na praia das Catedrais e outro en Rinlo.
A denominada Ruta dos Arcos será a que se desenvolverá no areal das Catedrais, en marea baixa, “e que nos permitirá coñecer e primeira man a orixe dos seus famosos arcos rochosos”. E a Ruta dos Ollos, que discorrerá por Rinlo, “e que nos permitirá coñecer que son os ollos, como se formaron e e que utilidade tiveron”.
Ana Martínez engadiu que “nas Catedrais faranse catro saídas ao día coincidindo coa baixamar, de martes a domingo e en grupos dun máximo de 15 persoas. Estes horarios manteranse ata o 17 de setembro, pois a partir desa data a Xeoruta só se realizará nas fins de semana, os venres, sábados e domingos en horario de tarde. En Rinlo, a ruta farase tódolos martes, xoves e sábados, en horario de tarde e en grupos dun máximo de 20 persoas. A partir do 17 de setembro a xeoruta terá lugar só os sábados e domingos”.
Aquelas persoas interesadas en gozar das Xeorutas do Concello de Ribadeo poden atopar máis información para realizar as reservas nas webs www.ascatedrais.gal e www.turismo.ribadeo.gal así coma na dirección ribadeoxeorutas@gmail.com .

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



