Dende o Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación procederon hoxe á entrega dos premios dos Concursos de Lemas e de Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2017.-IV Concurso de Lemas: O lema gañador foi Quéreme como son, non apoies a discriminación, de José Pernas Gil. -IV Concurso de debuxo-pintura na categoría infantil o debuxo gañador foi realizado por Lin Vizoso López e na categoría especial a Asociación de axuda ó enfermo Mental A Mariña e a Fundación Eu Son. O acto estivo presidido polo alcalde, Alfredo Llano. Dende a Concellería de Inmigración e Cooperación, organizadora dos concursos, “queremos felicitar aos gañadores así como agradecerlles a súa participación nesta actividade”.
