Lugo, 14 de setembro de 2017. A Deputada de Promoción Económica e Social, Emprego, Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, mantivo este xoves un encontro cun usuario da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), que está a traballar nunha empresa lucense, como operario de imprenta, a través do servizo de intermediación laboral en zonas rurais da provincia, que financia o Executivo da Deputación. Esta persoa, que ten unha discapacidade auditiva, foi asesorada e preparada por profesionais de COGAMI, para poder desempeñar distintas tarefas de carteleira, grapado ou papelería.
López Izquierdo destacou que “grazas a esta prestación, COGAMI acadou, entre o 2016 e o que vai de 2017, unha inserción laboral de 302 persoas con capacidades diferentes ou de difícil acceso ao mercado de traballo, que actualmente están traballando en algunha empresa da provincia, con oficios tan variados como administrativos, xardineiros, peóns ou camareiros”.
A Deputada de Benestar e Igualdade lembrou “o compromiso e a aposta decidida do Goberno da Deputación, para acadar unha plena integración e igualdade de oportunidades para as persoas con capacidades diferentes na nosa provincia, por iso, todas as iniciativas de emprego que poñemos en marcha, como o Ben Empregado ou o Comunnitteando, van encamiñadas a este obxectivo. Queremos que as persoas con capacidades diferentes poidan optar as medidas que garantan a súa calidade de vida e benestar, para desenvolverse como calquera outro”.
En total, son 117.000 euros, os que o Goberno achega a este colectivo para a realización de distintas programacións ao longo do ano. En concreto, son 90.000 euros para o servizo de intermediación laboral, co que se promove a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade das zonas rurais da provincia, a través do desenvolvemento de accións formativas.
Servizo de intermediación laboral
Con este programa que financia o Goberno da Deputación, os profesionais e traballadores de COGAMI, informan, asesoran e forman para o emprego, a máis de 1.200 usuarios, 42 persoas máis en comparación co ano 2016, con discapacidade ou incapacidade laboral permanente que estean en situación de desemprego, da provincia de Lugo. Para elo, realizan entrevistas ocupacionais, orientación e asesoramento laboral, intermediación laboral, xestión de ofertas de emprego, e un seguimento das persoas usuarias inseridas laboralmente.
Outras axudas do Executivo Provincial
O servizo de intermediación laboral en zonas rurais da provincia, non é a única programación que financia o Goberno da Deputación a COGAMI. Por exemplo, achega 22.000 euros para a realización do obradoiro prelaboral que se desenvolve no Concello de Monterroso, e que atende na actualidade a 14 usuarios dos municipios da Comarca da Ulloa: Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla. Neste taller, os 3 profesionais da asociación, imparten obradoiros de restauración, serigrafía, papelería ou cartelería, entre outros. O organismo provincial decidiu achegar outros 5.000 euros para colaborar nos custes da contratación dunha traballadora social en COGAMI.
Máis colaboracións con COGAMI
O Goberno da Deputación colabora coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade a través de outras moitas programacións. Por exemplo, COGAMI reforzou os servizos que ofrecen aos seus usuarios grazas a anteriores edicións do Ben Empregado, pois contrataron un total de 5 persoas: un axudante de mantemento de xardinería, que é xordomudo; un profesor de actividade artísticas e unha auxiliar de Enfermería, ambos con discapacidade física, así como un logopeda e fisioterapeuta.
O Executivo Provincial levou a cabo o Communitteando na provincia de Lugo nas instalacións de COGAMI en Lugo. Trátase do obradoiro social de emprego xuvenil da Deputación, que ofrece formación teórica e práctica, remunerada cuns 650 euros mensuais, que é o salario mínimo interprofesional. Nel participaron 15 mozos lucenses no paro, incluídos no Sistema de Garantía Xuvenil, polas súas dificultades para acceder ao mercado laboral. Especializáronse en xestión de contidos, sistemas operativos, elementos da rede e aplicacións informáticas e microinformáticas. Por exemplo, crearon a nova páxina web e redes sociais de COGAMI Lugo.
A Deputación de Lugo premiada por COGAMI
O Premio á Iniciativa Institucional, que outorga a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), foi concedida á Deputación de Lugo, no ano 2016, converténdose no primeiro organismo provincial de Galicia en recibir este recoñecemento. Trátase dunha iniciativa que pon en valor o traballo feito pola institución lucense pola integración de persoas con discapacidade. Os premios COGAMI son os galardóns que creou a entidade para recoñecer a aquelas institucións, empresas e persoas que traballan a favor da inclusión de persoas con capacidades diferentes e que traballan por crear unha sociedade máis xusta.
COGAMI
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade é unha entidade sen ánimo de lucro, constituída no ano 1990, que ten como misión acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e a promoción dous seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación e coordinación do asociacionismo, e da prestación de servizos que satisfagan as necesidades e expectativas dos seus usuarios.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



