Lugo, 13 de setembro de 2017.- O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal vén de recibir o visto e prace da Consellería do Mar para conceder axudas por valor de 1,1 millóns de euros dirixidas a impulsar quince proxectos produtivos que contribuirán a dinamizar o litoral lugués.
Así o deu a coñecer esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen tamén explicou que estas axudas están dirixidas a favorecer os denominados como proxectos produtivos, que son aqueles que buscan impulsar unha actividade lucrativa, desenvolvida normalmente por pequenas e medianas empresas ou profesionais relacionados co sector marítimo pesqueiro.
Entre os 15 proxectos aprobados atopámonos desde iniciativas de restauración e turísticas (hoteis, restaurantes, apartamentos, …) a outras no ámbito do lecer ou da formación, así como accións encamiñadas a apoiar a aposta das empresas pesqueiras pola introdución de innovacións tecnolóxicas para a distribución de peixe e marisco, pesca artesanal, almacenamento frigorífico ou comercialización deste tipo de produtos. Tamén un dos proxectos beneficiarios redunda na importancia natural na contorna mariñeira.
En concreto os proxectos son os seguintes:
Ribadeo Kids&Us Language School 56.369,53
Ribadeo Centro de Ocio Con sentidiño 47.901,39
Mondoñedo Hotel Restaurante Javier Montero 200.000,00
Ribadeo Habilitación de casa indiana para hotel mariñeiro 200.000,00
Ribadeo Apartamentos Turísticos García 87.636,70
Ribadeo Ampliación Hotel temático Mi Norte Mariñeiro 93.396,08
Viveiro Innovacións tecnolóxicas e melloras no sistema de distribución na pesca artesanal 20.872,00
Foz Mellora e innovación do sistema de trazabilidade, desenvolvemento de nova liña de produción
92.545,00
Ribadeo Ampliación Hotel Casona de Lazúrtegui 198.782,00
Ribadeo Sistema de almacenaxe con estantería compacta en instalacións frigoríficas 11.594,70
FozAula de formación e conferencias 22.703,72
Burela-Celeiro Mellora do valor dos produtos pesqueiros e da rede de distribución 18.836,55
Viveiro Apartamentos Duerming Sea View Viveiro 21.380,79
Burela Transporte interno e sistema de pesaxe dos produtos pesqueiros 6.112,00
Burela Natureza e entorno mariñeiro ampliación 33.018,93
Diversificación económica
Balseiro puxo en valor que estes fondos buscan apoiar os esforzos que realizan os beneficiarios e contribúen á diversificación económica permitindo mellorar as taxas de crecemento e o emprego nesta zona. A través destes proxectos se contribúe tamén a aumentar a capacidade de elección dos residentes nos municipios costeiros á hora de buscar novas fontes de ingresos, promovendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a conservación do patrimonio natural, cultural e histórico destas zonas.
Os Grupos de Acción Costeira son asociacións de carácter local constituídas polas organizacións do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, organizacións sociais, medioambientais e culturais do sector empresarial e polas administracións locais, que adoptan a forma xurídica de asociación. Nestes grupos, o protagonismo é do propio sector pesqueiro, que ten na Xunta Directiva dos Grupos a metade dos seus membros.