Foz 15-09-2017.- Si ben é certo que Foz esta mais que consolidado como destino turístico, que os visitantes aumentan tódolos anos e que hai un abanico importante de actividades de lecer no verán, non convén caer en triunfalismos como fai o PP de Foz dicindo que as cousas funcionaron de marabilla e que están moi satisfeitos.
Rematada a tempada estival en Foz dende PSdeG-PSOE, tras escoitar a veciños e foráneos e observar atentamente a situación do noso pobo podemos deducir que non é ouro todo o que reluce. “A limpeza brilla, pero pola súa ausencia” é o comentario mais común e estendido entre propios e estraños. O pobo está sucio, as beirarrúas invadidas de herba, os xardíns sen rozar… Os pasos de peóns practicamente desapareceron a pouco mais de un mes de ser pintados. Porqué? A explicación parece ser que a pintura foi disolta en exceso, en términos de profesionais do sector “rebaixouse con disolvente”. Estaría ben saber si a factura que, cos cartos dos veciños, vai pagar o Alcalde tamén esta rebaixada na mesma proporción.
No PSOE preguntámonos que foi do “Plan Verán”? Supoñíase que a importante dotación económica deste plan ía ser destinada a reparación, mantemento e limpeza do noso pobo. Pero á vista están, por exemplo, as rúas sen barrer, as papeleiras rotas e outras co lixo sen recoller, as beirarrúas con baldosas e arquetas rotas co conseguinte perigo para os viandantes.
Sufrimos praias sen socorristas , pese a pedirse en pleno con antelación que se tivese en conta, areais con accesos en mal estado ou con tuberías que verten residuos.
Non se izaron as bandeiras azuis demostrando unha deixadez e apatía impropias de un pobo turístico como Foz. Asombra a permisividade para acampar en parques e xardíns do noso entorno ou que, as autocaravanas, contravindo a normativa, ocupen o porto de Foz sen control ningún.
Á vista do anterior, compre concluír, que para o único que serviu o “Plan Verán” foi para dar de comer a empresas amigas. En vez de destinar os cartos a contratacións de persoal para que dende o Concello se organizasen brigadas de limpeza e ornato en praias e rúas, contratáronse empresas externas para baldeos, pinturas de pasos de peóns…
En fin, que non é ouro todo o que reluce, como pretende facernos ver a triunfalista valoración dos servizos prestados durante o verán, a veciños e visitantes, que fai o Sr. Tenente-alcalde do PP de Foz.
