Os traballos afectan ao tramo que vai desde o punto quilométrico 1,385 ao 9,214 e contan cun investimento da institución provincial de case 384.000€. Estas obras súmanse ás xa acometidas pola Deputación desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,3 e para as que destinou máis de 92.000€
Lugo, 26 de maio de 2025. A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora coas que renovará a totalidade da estrada provincial LU-P-1702, a vía que conecta Feira do Monte e Fontefría pola parroquia do Pino, en Cospeito. En concreto, os traballos afectan ao treito que vai do punto quilométrico 1,385 ao 9,214 e contan cun investimento da institución provincial de case 384.000€.
As obras, que está a realizar a empresa Cholo SL, consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. O prazo de execución destes traballos é de tres meses.
Con este proxecto a Deputación de Lugo renovará a totalidade desta estrada provincial ao seu paso polos concellos de Cospeito, Begonte e Vilalba, pois estas actuacións súmanse ás xa acometidas pola institución provincial no treito que vai desde o inicio da vía ao punto quilométrico 1,385. Para esta actuación a Deputación destinou máis de 92.000€ o que supón un investimento total de case 480.000€ para o arranxo dunha vía que dá servizo directo a máis dun milleiro de habitantes que residen nas cinco parroquias cospeitegas que atravesa: Sistallo, Villapene, Seixas, Pino e Rioaveso.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



