781,40€ é unha cifra nada simbólica: non é capicúa, non leva números bonitos e non ten catro cifras diante da coma. Pero 781,40€ é a cifra que deu e da ilusión a moita xente a principios de mes, a moitas familias que agardan esa cifra para pagar recibos atrasados, coa conseguinte penalización de 30€, nunca entenderei como se pretende que alguén que non pode pagar pague unha penalización, en moitos casos sendo máis do 50% de incremento.
Esta é a cantidade que reflicte a capacidade de resistencia de moitas familias galegas. É o valor da pensión media en Galicia. Este foi o motorciño auxiliar da nosa economía na crise, e segue sendo hoxe. Cantos pensionistas galegos axudan ós seus cércanos sacando desta cantidade?, moitos. 781,40€ é parte da loita contra á perda da total da dignidade, nada de milagres económicos dos gobernos de quenda. Nin idea do newdeal que nos queren vender.
Non entendades mal, non defendo esta cifra, ó contrario é unha vergoña que tería que facer baixar a testa a máis dun político que xa fala de vacas gordiñas. Sitúa a realidade de Galicia no estado e en Europa. 781,40€ pon a Galicia segunda pola cola, grazas Feijoo. Por exemplo os vascos perciben 1.147,85€ e os veciños de Asturias 1.089,97€. Que envexa, estes avós, poden incluso mercar algún xoguete ós netos.
Sabendo como sabemos á necesidade destas pensións para o día a día das familias, alguén pensa que con 781,40€ pódese activar o consumo e a economía? Menos vacas gordiñas polo de agora por favor. Mención especial ten esa clase de traballadores/empresa que son os autónomos, logo dunha vida de traballo seguido, de riscos e de moito sufrir cobran de media 712,42€ en Galicia, moito non é.
Coido que como traballadores temos reflexionar porque son, precisamente os vascos, os que teñen unha media máis digna. Eu teño claro que é porque teñen a capacidade de xestionar o seu. E os madrileños son os segundos, vivindo nun deserto e sen mar, porque teñen a capacidade de xestionar o noso. Que parvos somos.
Cando o señor conselleiro fale de vacas gordiñas, mirade a libreta do banco dos avós, é a mellor foto desas vacas.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



