Burela 2-10-17. Cómpre lembrar que o pasado ano 2016, en data 22 de decembro, o Parlamento de Galiza aprobaba unha proposición non de Lei do Partido Popular para a creación dunha praza de enfermaría no Hospital da Costa e, deste xeito, poñer en marcha a tan necesaria consulta especializada de enfermaría en oncoloxía.
Segundo apuntaba a deputada popular, Encarna Amigo, “a creación da nova consulta especializada de enfermaría oncolóxica permitirá que os doentes e os seus familiares conten cun persoal encargado de explicarlles os coidados que teñen que seguir, os efectos dos tratamentos, as fórmulas para palialos e, en xeral, resolver todas as dúbidas ou calquera cuestión referente á enfermidade”.
Dende CIG-Saúde recollíamos con estrañeza que un goberno con maioría absoluta e, polo tanto, con capacidade plena para crear cantos servizos sanitarios estime necesarios, utilizase a vía parlamentar para crear no Hospital da Costa unha consulta de Enfermaría Oncolóxica. Semellaba un acto puramente publicitario, pero non deixaba de ser unha boa nova que A Mariña, a sempre esquecida comarca, por fin fora dotada do tan esperado servizo.
Hai que ter en conta que esta comarca está á cola da provincia no referido ás dotacións sanitarias (no Hospital de Monforte hai máis dun ano que contan con esta consulta especializada).
A día de hoxe, oito meses despois de coñecer polos medios de comunicación a decisión do Parlamento de Galiza, no Hospital da Costa nada se sabe sobre a posta en funcionamento desta consulta.
Diante disto, a CIG-Saúde pregunta ao Goberno da Xunta de Galiza onde está a consulta especializada de enfermaría oncolóxica e a creación da praza de enfermaría ou se, como todo parece indicar, a iniciativa parlamentar non era máis que acto de propaganda do PP. Até cando vai ser a comarca da Mariña a última da provincia en dotacións sanitarias?
CIG-Saúde esixe ao delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Balseiro que deixe de mentir e que poñan en funcionamento inmediato este servizo tan necesario para pacientes e familiares.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



